Fakir Mohan Senapati
Nome orixinal | (or) ଫକୀର ମୋହନ ସେନାପତି |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1843 Balasore, India (pt) |
Morte | 14 de xuño de 1918 (75 anos) Balasore, India (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor de viaxes, novelista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Sarojini Chaudhury |
Fakir Mohan Senapati, nado en Mallikashpur o 13 de xaneiro de 1843 e finado o 14 de xuño de 1918, foi un escritor indio, considerado o pai da literatura moderna en oriya.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor en Balasore ata que en 1871 o superintentende dos estados tributarios nomeouno dewan de Nilgiri [1], posto que tamén ostentou despois en Dompara, Daspallah e Palalahara. En 1868 estableceu unha editorial en Balasore que publicou varias revistas e deu ao prelo varios libros de texto en oriya da súa autoría.[2] Foi un incansable activista na preservación da lingua oriya[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]Aínda que traduciu obras clásicas en sánscrito ao oriya e escribiu poesía, Mohan é sobre todo un novelista.[4] As catro novelas de Fakir Mohan, escritas entre 1897 e 1915, reflicten as condicións socioculturais dos séculos XVIII e XIX en Orissa. Mentres Chha maana Atha Guntha, Mamu e Prayaschita exploran as realidades de vida social nas súas múltiples dimensións, Lachhama é unha novela histórica que se desenvolve durante a época anárquica que en Orissa supuxeron as invasións maratas do século XVIIII. Chha maana Atha Guntha explora a explotación dos campesiños polos terratenentes e constitúe a primeira novela relevante en oriya[5]. Tamén foi o autor da primeira autobiografía en oriya, Atma Jeevan Charita.
Relatos
[editar | editar a fonte]Rebati (1898) está considerado o primeiro relato moderno en oriya[4], é a historia dunha moza inocente que desexa educarse nunha aldeano contexto dunha sociedade conservadora. Outros relatos seus son “Patent medicine”, “Daka Munshi”, ”Adharma Bitta” ou "Randipua Ananta".
Poesía
[editar | editar a fonte]Escribiu un poema longo, Utkala Bhramanam que apareceu en 1892. Escrito nun estilo satírico trata da situación da Orissa daquel tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. K. Samal e Pradip Kumar Nayak (1996) Makers of Modern Orissa: Contributions of Some Leading Personalities of Orissa in the 2nd Half of the 19th Century Abhinav Publications, p. 57
- ↑ Jitendra Narayan Patnaik Life and Times of Fakirmohan Senapati Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Orisha Review, febreiro-marzo 2008
- ↑ About Fakir Mohan Senapti Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. FMU NAAC SSR 2015-
- ↑ 4,0 4,1 Mayadhar Mansinha History of Oriya Literature Sahitya Akademy:Delhi, p. 182
- ↑ Meenakshi Mukherjee (2002) Early Novels in India. Sahitya Akademi, p. 240