FENYA
FENYA S.L. | |
---|---|
Logotipo de Fenya en vermello. | |
Última sede de FENYA no polígono da Gándara, Narón. Actualmente centro de formación. | |
Tipo | Sociedade Limitada Sociedade anónima a partir de 1951 |
Fundación | Ferrol 1941, peche en 1997 |
Localización | Canido, Ferrol. Posteriormente A Gandara, Narón. |
Fundador | José María González-Llanos y Caruncho |
Industria | Auxiliar Naval |
Produtos | Equipamento eléctrico |
Número de empregados | 300 |
[ editar datos en Wikidata ] |
FENYA (Fabricaciones Eléctricas Navales y Artilleras) foi unha empresa fundada no barrio ferrolán de Canido polo enxeñeiro José María González-Llanos, fundador de Astano.
Orixes
[editar | editar a fonte]A idea de crear a empresa xorde entre empregados de Bazán. Nos anos iniciais á posta en marcha da empresa traballan no seu primeiro produto, un teléfono naval de patente e deseño propio.
Fenya fabricou tres deseños de teléfonos con variantes:
- Teléfono de peito
- Teléfono de mamparo
- Teléfono de escritorio
Posteriormente fabricaron centrais telefónicas. Como industria auxiliar fabricou equipamento eléctrico para buques, cadros eléctricos e motores eléctricos chegando a ser unha das principais empresas auxiliares navais de Ferrol. Ofreceu melloras aos traballadores como un economato como o de Bazán e apoiar actividades culturais e deportivas.
A súa imaxe de marca era un logotipo en fondo vermelo ou azul escuro, cun electroimán co nome de Fenya. Os seus produtos levaban a marca da empresa nunha placa metálica co logo da empresa e o texto Fabricaciones Eléctricas Navales Y Artilleras, S.L. El Ferrol del Caudillo.
Vendeu os terreos que ocupaba en Canido a unha inmobiliaria e trasladou os obradoiros ao polígono da Gándara en Narón. A empresa pechou definitivamente en 1997[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HEMEROTECA La totalidad de la plantilla de Fenya demandaba a la empresa por los despidos". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Negral, Justino (2013). FENYA: 1941-1961 Fabricaciones eléctricas navales y artilleras. La fábrica de Canido y sus patentes. Madrid: Liber Factory. p. 240. ISBN 978-84-9949-226-1.