Saltar ao contido

Evan Rachel Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvan Rachel Wood

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Raleigh, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Relixióneducada no xudaísmo
EducaciónLaurel Springs School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJamie Bell (2012–2014) Editar o valor en Wikidata
ParellaMarilyn Manson Editar o valor en Wikidata
PaiIra David Wood III Editar o valor en Wikidata
IrmánsIra David Wood IV Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0939697 Allocine: 55701 Allmovie: p235707 TV.com: people/evan-rachel-wood
Facebook: officialevanrachelwood Twitter: evanrachelwood Instagram: evanrachelwood BNE: XX1669981 Spotify: 3MyB0MyKec3Jq0AH2llk7v Musicbrainz: aad38e08-baeb-49f0-af91-1ab3ec6d9e85 Discogs: 913909 Allmusic: mn0000122626 Deezer: 16975 Genius: Evan-rachel-wood Editar o valor en Wikidata

Evan Rachel Wood, nada en Raleigh o 7 de setembro de 1987[1], é unha actriz e cantante estadounidense. Comezou como actriz infantil a medidados da década de 1990 e deuse a coñecer internacionalmente en 2003 polo premiado papel protanista na longametraxe Thirteen. Traballou en máis de 30 producións cinematográficas e televisivas e dende 2016 encarna a Dolores Abernathy na serie de televisión Westworld.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla da actriz e directora Sara Lynn Moore, convertida ao xudaísmo[2][3] e de Ira David Wood III, actor e fundador e director artístico e executivo do teatro local Theatre In The Park[4]. Evan, cos seus irmáns Dana e Thomas, estivo activamente implicada en Theatre In The Park, e así xa apareceu aos poucos meses de nacer, en 1987, nunha comedia musical producida polo seu pai anualmente dende 1974 e adaptación de A Christmas Carol[5]. De máis grandiña, fixo de pantasma do pasado en varias producións do teatro de seu pai e, máis tarde, interpretou a Helen Keller canda súa nai (que facía de Anne Sullivan) na produción teatral The Miracle Worker baixo a dirección de seu pai[6]. Seus pais separáronse en 1996 cando ela tiña dez anos e algo despois divorciáronse. Evan foi vivir con súa nai ao condado dos Ánxeles[7]. Educouse durante un tempo no fogar, con doce anos era cinto negro de taekwondo[8]e con quince recibiu o certificado de secundaria[9].

Primeiros traballos profesionais: 1994-2000

[editar | editar a fonte]

Participou cando tiña cinco anos nunha audición para o papel de Claudia en Interview with the Vampire que finalmente encarnou Kirsten Dunst[10]e comezou a actuar de xeito profesional en 1994 ao aparecer cun pequeno papel no telefilme In the Best of Families: Marriage, Pride & Madness[11] que se rodou en Carolina do Norte e logo seguiu a realizar rodaxes de telefilmes, e en 1995-1996 actuou en tres episodios de American Gothic. En 1998-1999 tivo un papel regular na segunda e terceira tempadas, polo que rodou un total de 6 episodios, na serie de televisión Profiler [12] e escollérona para interpretar de xeito regular o papel de Jessie Sammler nas tres tempadas da serie Once and Again (1999-2002)[13].

O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1997 ao ter a oportunidade de protagonizar o filme de baixo orzamento, Digging to China con Kevin Bacon, Cathy Moriarty e Mary Stuart Masterson. O filme gañou o premio do xurado infantil no Festival Internacional Infantil de Cinema de Chicago [14]. Nese ano tivo un papel en Practical Magic, unha película do xénero de fantasía dirixida por Griffin Dunne e protagonizada por Sandra Bullock e mais Nicole Kidman[15].

Primeiros éxitos : 2001-2005

[editar | editar a fonte]
Evan en febreiro de 2005 no Festival de Sundance

Evan xa como adolescente debutou como protagonista no filme de 2001 Little Secrets, dirixido por Blair Treu, no que facía de Emily Lindstrom, unha aspirante a violinista de 14 anos, e polo que recibiu unha candidatura a mellor actriz nova protagonista nos premios Young Artist[16]. Tamén tivo un papel salientable no filme Simone que tivo estrea en 2002 e que constitúe unha sátira de ciencia ficción que dirixiu Andrew Niccol e protagonizou Al Pacino e Catherine Keener.

En 2003 protagonizou o filme Thirteen que se converteu no seu primeiro éxito e no que lle deu vida a Tracy Louise Freeland, unha das dúas adolescentes que na trama caen nunha espiral de drogas, sexo e delincuencia. A súa interpretación valeulle unha candidatura a mellor actriz nos Globo de ouro e outra como mellor actriz nos do Sindicato de Actores.

En xullo de 2003 apareceu, con outras actrices, na portada da revista Vanity Fair como unha das It Girls de Hollywood[17] Nese ano tivo tamén un papel destacado no filme de Ron Howard Desaparicións protagonizado por Cate Blanchett e Tommy Lee Jones e no que encarnou a filla secuestrada, Lilly Gilkeson, e unha aparición nun episodio de CSI: Crime Scene Investigation.

En 2005 apareceu en The Upside of Anger de Mike Binder con Kevin Costner e Joan Allen, un filme con boas críticas no que interpretaba a Lavander "Popeye" Wolfmeyer, unha das catro irmás que tiña que se enfrontar á ausencia do pai e que ademais facía de narradora da historia[18]. As súas seguintes dúas interpretacións foron en filmes independentes de baixo orzamento, Pretty Persuasion foi en 2005 candidata ao premio do Gran Xurado no Festival de Cinema de Sundance, nesta comedia negra e satírica centrada no acoso sexual, a discriminación nas escolas e as actitudes sobre as mulleres nos medios de comunicación e mais na sociedade, Wood encarnaba a Kimberly Joyce, unha unha estudante adolescente de secundaria manipuladora e sexualmente activa. Dese ano é Down in the Valley que dirixiu David Jacobson, a súa personaxe, Tobe, namórase dun home máis vello, un cowboy que non concorda coa sociedade moderna (Edward Norton).

E tamén en 2005 participou en vídeo musicais de Bright Eyes: "At the Bottom of Everything"[19] e Green Day: "Wake Me Up When September Ends".[20]

Consolidación: 2006-2008

[editar | editar a fonte]
Evan no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2007

En xuño de 2006 The Guardian referíase a ela como unha das mellores actrices da súa xeración[18] e en setembro dese ano recibiu o premio ao talento emerxente da revista Premiere [21] e en outubro foi a estrea de Running with Scissors, unha comedia dramática coral dirixida por Ryan Murphy e na que Evan encarnaba a Natlie Finch. A película estaba baseada no libro de memorias de Augusten Burroughs, un relato semiautobiográfico da infancia de Burroughs nunha familia disfuncional, e foi candidata nos Globos de Ouro.

En setembro de 2007 foi a estrea de dous filmes nos que interpretaba á protagonista, King of California no Festival de Sundance[22], unha historia dun músico de jazz con trastorno bipolar (Michael Douglas) e Miranda, a súa sufrida filla adolescente, que volven estar xuntos logo de pasar seu pai dous anos nunha institución mental e sae coa teima quixotesca de procurar un tesouro español agochado na rexión. En Across the Universe, un filme musical de Julie Taymor que foi candidato a un Globo de Ouro e un Óscar e que está ambientado en Liverpool, Nova York e Vietnam, e que se centra nas vidas de varios personaxes durante a contrarrevolución cultural da década de 1960. Baséase na canción homónima dos Beatles e ademais inclúe 34 temas escritos orixinalmente polos membros do grupo. Evan, que describiu a música dos Beatles como unha grande influencia na súa vida, afirmou que o seu papel, Lucy que mantén nunha relación con Jude (Jim Sturgess)[23], fora o seu favorito[24].

Evan mentres posa para a prensa no Festival Internacional de Cinema de Toronto en setembro de 2007

Evan foi a voz en 2008 dunha extraterrestre, de nome Mala, en Battle for Terra un filme animado de ciencia ficción ambientado nun pacífico planeta que afronta a destrución pola colonización dos desprazados do que queda da raza humana. A película gañou en 2008 o gran premio no Festival Internacional de Animación de Ottawa e tamén recibiu un premio Midnight no Festival Internacional de Cinema de San Franscisco con Elijah Wood[25].

En 2008 rodou The Life Before Her Eyes de Vadim Perelman, un filme baseado na novela homónima de Laura Kasischke e que trata da amizade de dúas adolescentes de personalidades opostas que se ven envolveitas nun tiroteo no seu instituto, ao estilo do de Columbine e téñense que enfrontar a unha escolla imposible. Evan encarnou á Diana adolescente, mentres Uma Thurman facía dunha Diana máis vella.

Nese ano coprotagonizou o filme do director Darren Aronofsky The Wrestler, que gañou un León de Ouro á Mellor Película no Festival de Cine de Venecia, unha película baseada na vida de Randy "Ram" Robinson (Mickey Rourke), un loitador profesional dende a década de 1980, que tras un ataque ao corazón ha de se retirar xa que volver loitar suporía unha morte case segura. Evan fai de Stephanie, a filla de Robinson coa que case non ten relación.

Éxito no cinema e na televisión: 2009–

[editar | editar a fonte]
Evan na estrea de Whatever Works en abril de 2009

Evan coprotagonizou Whatever Works de Woody Allen con estrea o 22 de abril de 2009 no Festival de Cinema de Tribeca e no que daba vida a nova esposa de Boris Yellnikoff (Larry David)[26], un misántropo hipocondríaco. Con posterioridade laiouse por participar na película e declarou que non había traballar de novo con Woody Allen[27]. En maio de 2009 encarnou a Xulieta en seis funcións benéficas de Romeo and Julieta de William Shakespeare nunha produción que dirixiu seu irmán en Theatre In The Park[28].

En 2013 interpretou a Gabi no filme de suspense psicolóxico e romántico Charlie Countryman con Shia LaBeouf e mais Rupert Grint[29] e como actriz de voz participou como Marianne en 2015 no filme de animación de Lucasfilm Strange Magic. Con Chris Evans realizou en 2016 un anuncio publicitario para as fragrancias Gucci Guilty Eau[30]. Dende 2016 encarna o androide Dolores Abernathy na serie de televisión de ciencia ficción e oeste da HBO Westworld. Os críticos gabaron a súa actuación como "espectacular", "un alarde" e dun "logro técnico tremendo"[31][32][33]. En 2019 foi a voz da raíña Iduna en Frozen II que constituíu un éxito comercial.[34]

Evan durante un acto no Comic-Con de San Diego en 2019

En 2012 gravou o tema "I'd Have You Anytime" para o cuarto CD de Chimes of Freedom: The Songs of Bob Dylan Honoring 50 Years of Amnesty International, unha recompilación a beneficio da organización Amnistía Internacional e en 2016 actuou como dúo electro-pop, Rebel and a Basketcase, co multiinstrumentista Zach Villa[35][36][37], colaboración que rematou en agosto de 2017[38] e en 2018 formou un novo grupo coñecido como Evan Zane, co guitarrista-compositor Zane Carney[39]

En 2019 apareceu pola primeira volta no Billboard Hot 100 coa canción "Show Yourself", un dueto con Idina Menzel para a banda sonora de Frozen II e que debutou na listaxe no número 99[40] e chegou ata ao 70[41].

Activismo

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2016 o grupo Human Rights Campaign lanzou un vídeo en homenaxe ás vítimas do masacre de Orlando; no vídeo, Evan e outras celebridades narran historias de persoas que alí morreron[42].

En febreiro de 2018 testemuñou diante un subcomité xudicial da Cámara de Representantes en apoio dunha lei federal de superviventes de agresións sexuais que fora vítima de violencia doméstica e violación[43]pero sen revelar o nome do seu agresor.

Tamén testemuñou diante o Senado de California en abril de 2018 en apoio do proxecto de lei, redactado por ela, coñecido como lei Phoenix de violencia doméstica que o gobernador de California asinou como lei estatal en 2019[44]. Coa nova regulación estatal a prescrición dos delitos de violencia doméstica pasou de tres a cinco anos; tamén require que os axentes de policía teñan formación complementaria en violencia de relacións de parella.

En febreiro de 2021 publicamente afirmou que o seu agresor fora Marilyn Manson[45], con quen mantivera unha relación entre 2006 e 2010. Non obstante, o cantante negou todas as acusacións[46].

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1997 Digging to China Harriet Frankovitz
1998 Practical Magic Kylie Owens
1998 Detour Daniella Rogers
2001 Little Secrets Emily Lindstrom
2002 Simone Lainey Christian
2003 Thirteen Tracy Louise Freeland
2003 The Missing Lily Gilkeson
2005 Pretty Persuasion Kimberly Joyce
2005 The Upside of Anger Lavender "Popeye" Wolfmeyer
2005 Down in the Valley October "Tobe"
2006 Asterix and the Vikings Abba (voz) Versión en inglés
2006 Shark Bait Cordelia (voz)
2006 Running with Scissors Natalie Finch
2007 King of California Miranda
2007 The Life Before Her Eyes Young Diana McFee
2007 Battle for Terra Mala (voz)
2007 Across the Universe Lucy Carrigan
2008 The Wrestler Stephanie Ramzinski
2009 Whatever Works Melodie St. Ann Celestine
2010 The Conspirator Anna Surratt
2011 The Ides of March Molly Stearns
2013 Charlie Countryman Gabi Ibanescu
2013 A Case of You Birdie Hazel
2014 Barefoot Daisy Kensington
2015 Strange Magic Marianne (voz)
2015 Into the Forest Eva
2017 Allure Laura Drake
2018 Flavors of Youth Yi Lin (voz) Segmento: "Chiisana Fashion Show"
Versión en inglés
2019 Frozen II Queen Iduna (voz)
2020 Kajillionaire Old Dolio Dyne
2020 Showbiz Kids Ela Documental
2020 Viena and the Fantomes Susi

Televisión

[editar | editar a fonte]
Anto Título Personaxe Notas
1994 In the Best of Families: Marriage, Pride & Madness Little Susie Telefilme
1994 Search for Grace Young Sarah / Robin Telefilme
1995 Father for Charlie, AA Father for Charlie Tessa Telefilme
1995 Death in Small Doses Anna Telefilme
1995–96 American Gothic Rose Russell 3 episodios
1997 Get to the Heart: The Barbara Mandrell Story Jaime Dudney - 8 anos Telefilme
1998–99 Profiler Chloe Waters 6 episodios
1999 Down Will Come Baby Robin Garr Telefilme
1999–2002 Once and Again Jessie Sammler 55 episodios
2000 Touched by an Angel Sarah Radcliff Episodio: "Pandora's Box"
2002 West Wing, TheThe West Wing Hogan Cregg Episodio: "The Black Vera Wang"
2003 CSI: Crime Scene Investigation Nora Easton Episodio: "Got Murder?"
2009–11 True Blood Sophie-Anne Leclerq 8 episodios
2011 Mildred Pierce Veda Pierce Miniserie; 2 episodios
2013 Robot Chicken Rapaza / Nai (voz) Episodio: "Botched Jewel Heist"
2015 Doll & Em Evan 5 episodes
2016–22 Westworld Dolores Abernathy 3 tempadas
2018–19 Drunk History Varios 2 episodios
2019 What We Do in the Shadows Evan the Immortal Episodio: "The Trial"

Vídeos musicais

[editar | editar a fonte]
Ano Título Cantante Notas
2005 "Wake Me Up When September Ends" Green Day
2005 "At the Bottom of Everything" Bright Eyes
2007 "Heart-Shaped Glasses (When the Heart Guides the Hand)" Marilyn Manson
2010 "Love Me Chase Me" Carney
2012 "I'd Have You Anytime" Ela
2015 "Can't Deny My Love" Brandon Flowers
2019 "Uneventful Days" Beck
2020 "Can I Be Your Friend ft. Evan Rachel Wood" Chevy Mustang
  1. "September 7 Famous Birthdays: Evan Rachel Wood, Michael Emerson & Buddy Holly". Huff Post. 7 de setembro de 2011. 
  2. "Evan Rachel Wood: Dating Older Men 'Works For Me". Parade. 15 de xuño de 2009. 
  3. Bloom, Nate (23 de xuño de 2009). "Interfaith Celebrities: Stallone's Jewish Grandfather". 18 Doors. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2012. Consultado o 06 de febreiro de 2021. 
  4. "Who's Who". Theatre In The Park. 
  5. Current Biography Yearbook 2009. H. W. Wilson Company. 2009. p. 616. 
  6. Kappes, Serena, Amy Longsdorf e Nick White (9 de marzo de 2005). "Celeb Spotlight: Evan Rachel Wood". People. 
  7. "Evan Rachel Wood: A Powerful Story to Tell". ESME. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 06 de febreiro de 2021. 
  8. "Evan Rachel Wood On Tribeca Film ‘Case Of You,’ Coming Out As Bisexual, Her Pregnancy, and More". The Daily Beast. 24 de abril de 2013. 
  9. Bradford R. Pilcher (outubro de 2006). "Evan Rachel Wood". Atlanta Jewish. Archived from the original on 15 de xullo de 2012. Consultado o 07 de febreiro de 2021. 
  10. "'When I was five I lost a part to Kirsten Dunst. I was heartbroken but it made me stronger': The world according to Evan Rachel Wood". The Daily Mail. 27 de novembro de 2011. 
  11. "Evan Rachel Wood- Biography". Yahoo Movies. Archived from the original on 08 de febreiro de 2012. Consultado o 07 de febreiro de 2021. 
  12. "These two child stars shared the role of Chloe Waters on Profiler". Start TV. 14 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 07 de febreiro de 2021. 
  13. Aurthur, Kate (26 de setembro de 2020). "Why Isn’t Evan Rachel Wood’s ‘Once and Again’ Available to Stream?". Variety. 
  14. "Chicago International Children's Film Festival 1998 Awards". IMDB. 
  15. Gina Carbone (18 de outubro de 2018). "Evan Rachel Wood Would Love a 'Practical Magic' Sequel Following Her Character". Moviefone. 
  16. "Young Artist Awards. 2003 Awards". IMDb. 
  17. Woolcott, James. "Teen Engines: Riding with the Kid Culture". Vanity Fair. (xullo de 2003) p. 157.
  18. 18,0 18,1 "Distress princess". The Guardian. 24 de xuño de 2006. 
  19. "Evan Rachel Wood: Other Works". 
  20. Green Day: Wake Me Up When September Ends (Video 2005). 
  21. "Cate Blanchett gets Hollywood gong". The Daily Telegraph. 22 de setembro de 2006. Archived from the original on 12 de outubro de 2007. Consultado o 08 de febreiro de 2021. 
  22. "Family Room Crowns "KING OF CALIFORNIA" at Sundance Film Festival.". AllBusiness. 10 de xaneiro de 2007. Archived from the original on 22 de xuño de 2008. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  23. "'Thirteen' no more: Evan Rachel Wood grows up". CNN. 12 de setembro de2007. Archived from the original on 11 de outubro de 2007. Consultado o 08 de febreiro de 2021. 
  24. "Venus Zine: Evan Rachel Wood" Venus Zine Spring 2009
  25. "San Fran : Midnight with Evan Rachel Wood, Elijah Wood". IndieWire. 26 de abril de 2009. 
  26. "Evan Rachel Wood: Wrestling With Fame". Suicidegirls. 15 de decembro de 2008. 
  27. "Every actor who has publicly expressed regret for working with Woody Allen, so far". Vox. 13 de marzo de 2018. 
  28. "Auditions Set for Evan Rachel Wood Led ROMEO & JULIET Benefit Run". Broadway World. 19 de febreiro de 2009. 
  29. "Rupert Grint, Shia LaBeouf, Aubrey Plaza will star in ‘The Necessary Death of Charlie Countryman". Hypable. 29 de maio de 2012. [Ligazón morta]
  30. "Exclusive: Evan Rachel Wood and Chris Evans' New Gucci Ad Is So Steamy, It Could Melt Snow". Glamour. 26 de xaneiro de 2016. 
  31. Emily Nussbaum (24 de outubro de 2016). "The Meta-Politics of “Westworld”". The New Yorker. 
  32. James Poniewozik (18 de abril de 2018). "Review: ‘Westworld’ Gets a Partial Upgrade for Season 2". New York Times. 
  33. Emily VanDerWerff (9 de decembro de 2016). "TV’s 2 best performances in 2016 shared a surprising common trait". Vox. 
  34. "'Frozen 2' Box Office: All the Records Broken". The Hollywood Reporter. 25 de novembro de 2019. 
  35. "Bio. Rebel and a Basketcase". rebelandabasketcase. 
  36. "Evan Rachel Wood on How ‘Breakfast Club,’ Karaoke Habit Informed New Band". RollingStone. 8 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 06 de febreiro de 2021. 
  37. "Evan Rachel Wood & Zach Villa on Their New Band, How David Bowie Saved Wood's Life & More: Exclusive". Billboard. 13 de xuño de 2016. 
  38. "Evan Rachel Wood Reportedly Ends Engagement to Fiancé and Bandmate Zach Villa". ET. 7 de setembro de 2017. 
  39. "Review: New Band Evan Zane Hit Nashville Stage for the First Time". Focus. 7 de xullo de 2018. Archived from the original on 09 de febreiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  40. "Evan Rachel Wood Had a Very Good Reaction to Her Billboard Hot 100 Chart Debut". Billboard. 3 de decembro de 2019. 
  41. "Show Yourself Idina Menzel & Evan Rachel Wood". Billboard. 
  42. "49 celebrities honor the 49 victims of the Orlando shooting". Vox. 12 de xuño de 2016. 
  43. Hamedy, Saba (27 de febreiro de 2018). "'Westworld' star shares her story of sexual assault in emotional testimony". CNN. 
  44. "Evan Rachel Wood’s Domestic-Violence Bill Was Signed Into Law". Vulture. 10 de outubro de 2019. 
  45. Ryan, Maureen (1 de febreiro de 2021). "He "Horrifically Abused Me for Years": Evan Rachel Wood and Other Women Make Allegations of Abuse Against Marilyn Manson". Vanity Fair. 
  46. Marilyn Manson (1 de febreiro de 2021). "Instagram Marilyn Manson · 1 feb. 2021 at 21:44".