Saltar ao contido

Eustatismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O eustatismo é a variación do nivel do mar respecto aos continentes, supostamente inmóbiles.

O fenómeno pode ter varias causas. A principal reside nas variacións que pode experimentar o volume total das augas contidas polas cuncas oceánicas, por mor dos cambios climáticos, especialmente os máis importantes e de longo período, representados pola alternancia das glaciacións e interglaciares. O exemplo da glaciación de Würm é revelador: durante ese período a masa das augas marítimas evaporadas e paseniñamente conxeladas sobre os continentes fixo baixar o nivel dos mares nuns 120 m. A ese glacioeustatismo poden sumarse os efectos do termoeustatismo: o arrefriamento das augas marítimas provoca a súa contracción en proporcións considerábeis, xa que 1 °C en máis ou en menos da temperatura media dos mares provoca, respectivamente, unha elevación ou un descenso de 2 m. do seu nivel xeral.

Tamén existe un eustatismo diastrófico, debido ás deformacións tectónicas das cuncas dos océanos tralo fenómeno xeofísico do diastrofismo. Así é como a elevación dunha cordilleira submarina desaloxa un volume similar de auga por enriba do nivel anterior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]