Saltar ao contido

Eurythmics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurythmics
Annie Lennox
OrixeLondres, Inglaterra
Período1980 - 1990
1999 - 2005
Xénero(s)música electrónica, pop
Selo(s) discográfico(s)Astralwerks
MembrosAnnie Lennox
Dave Stewart
Artistas relacionadosThe Catch, The Tourists
Na rede
web oficial
IMDB: nm1172032 Facebook: eurythmics Twitter: Eurythmics Instagram: eurythmicsmusic MySpace: eurythmics Youtube: UCyduOPMIl8N6vlyJxRo2v7g Souncloud: eurythmics-official Spotify: 0NKDgy9j66h3DLnN8qu1bB iTunes: 395777 Last fm: Eurythmics Musicbrainz: b4d32cff-f19e-455f-86c4-f347d824ca61 Songkick: 348727 Discogs: 13911 Allmusic: mn0000206241 Deezer: 175 Genius: Eurythmics Editar o valor en Wikidata

Eurythmics, moitas veces chamados incorrectamente The Eurythmics, son un grupo synthpop inglés formado polo dúo Annie Lennox (cantante nada en Aberdeen, Escocia, en 1954) e David A. Stewart (guitarrista e polinstrumentista nado en Sunderland, Inglaterra, en 1952). O dúo obtivo grandes éxitos comerciais e de crítica, gañando numerosos premios en diversos países do mundo. Son recordados polo seu forte e intelixente estilo pop, pola potente e expresiva voz de Lennox e pola innovadora produción técnica de Stewart, así como polos orixinais videoclips promocionais que acompañaban os singles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A parella, non inicios, era parte do grupo The Tourists. Durante este período mantiñan mesmo unha relación amorosa. The Tourist tiveron un modesto éxito comercial e a experiencia non foi das máis felices. Había tensións persoais e musicais que prexudicaban a estabilidade do grupo (no que o compositor era Pete Coombes), o grupo recibía habitualmente críticas moi negativas por parte da prensa inglesa, había problemas legais co representante e os editores, e Lennox e Stewart sentían que o grupo non era un bo vehículo para as súas predisposicións artísticas experimentais.

En 1980 Lennox e Stewart decidiron que o seu seguinte proxecto debía ser máis flexible e libre. Estaban interesados en crear música pop, experimentando as novas fronteiras da sonoridade electrónica. Chamándose Eurythmics decidiron traballar sós, tanto na composición como nos arranxos e, eventualmente, involucrando outros músicos de diversos xéneros. Lennox e Stewart decidiron interromper a súa relación sentimental en 1980.

O seu primeiro álbum saíu no 1981, The Tourist, que era un mix de sonoridade psicodélica, krautrock e electropop. O álbum non tivo un grande éxito de vendas. O ano seguinte Dave e Annie colleron un local en Londres, e usaron un préstamo para construír un pequeno estudio. Conseguiron así a liberdade de gravar sen pagar as facturas exorbitantes dos estudios de gravación. Comezaron a usar máis electrónica na súa música, colaborando con personaxes como Raynard Faulkener e Adam Williams. Continuaron a gravar diversas versións dos seus temas, mais os tres singles publicados baixo a etiqueta RCA naquel ano (This is the House, The Walk e Love is a Stranger) inicialmente non tiveron algún éxito no Reino Unido (unicamente Stranger tivo un discreto éxito nos Estados Unidos en 1983). A condición do grupo estaba tornando crítica: o seu xeito de actuar os fixera independentes da industria, pero a tardanza do éxito e a responsabilidade de conducir persoalmente todos os seus asuntos era extenuante.

Sweet Dreams e despois

[editar | editar a fonte]

1983 foi o ano do boom comercial dos Eurythmics, co single Sweet Dreams (Are Made of This) que contiña unha potente secuencia de bases sintetizadas e un vide orixinal. A fortuna da banda mudou totalmente dende entón. O álbum homónimo convértese nun enorme éxito gracias ao track orixinal, que acada os máis altos postos nos hit parade de todo o mundo. Annie Lennox aparece na capa da revista Rolling Stone. Stewart pronto admitiu que a famosa secuencia de baixos foi creada por erro reproducindo ao contrario un track xa gravado.

Touch, o seguinte álbum, saíu tamén en 1983, e produciu tres grandes éxitos entre os que están "Here Comes The Rain Again". Touch foi a consagración definitiva da banda. A RCA publicou Touch Dance, un mini-álbum de remix con catro track tirados de Touch, destinado ao mercado dos Club. Os remix eran dos importantes produtores neoiorquinos François Kervorkian e John Jellybean Benitez. En 1984 a Virgin Films pediu á banda unha banda sonora para o filme "Orwell 2984", realizado por Michael Radford, adaptando o libro de George Orwell. Radford afirmou que non lle agradaba que a música lle viñese importa e rexeitou a banda sonora dos Eurythmics, remprazándoa cunha creación orquestral moito máis convencional. A Virgin fixo saír o traballo do dúo como álbum co título "1984 (for the love of Big Brother)" do que foi extraído o single Sexcrime (1984 (for the love of Big Brother)). O seu cuarto álbum, Be Yourself Tonight, foi producido nunha soa semana de traballo nun estudio de París e saíu en 1985. Foron utilizados unha ducia de músicos, incluídos algúns membros dos Heartbreakers, Stevie Wonder á harmónica, Dean Garcia no baixo, e arranxos de Michael Kamen. Demostrouse un álbum menos innovador, máis tradicional. No disco, Annie Lennox canta un dueto con Aretha Franklin e Elvis Costello.

En 1986 Dave e Annie lanzaron o seu álbum Revenge, continuando o achegamento ao son acústico e ao por-rock. Aínda que a banda mantiña as vendas no Reino Unido, este álbum marcou o declive da banda nos Estados Unidos, pero grazas ao impoñente tour mundial e á produción dun vídeo, Revenge acabou por ser o álbum máis vendido dos Eurythmics. Stewart comezou a producir discos doutros artistas, entre os que están Tom Petty (dos Heartbreakers) e Bob Dylan, mentres Lennox adicábase aos recitais. Volvéronse reunir en 1987 tras un afastamento temporal, produciron o álbum Savage, un produto pouco comercial mais moi apreciada pola crítica musical: goth e electrónico, con uso intenso do sintetizador, Savage foi practicamente ignorado nos Estados Unidos, pero foi un éxito comercial en Europa. En 1989 os Eurythmics publicaron o sólido We Too Are One.

O adeus de Annie Lennox

[editar | editar a fonte]

Tras anos de extenuantes tours e de gravacións (os Eurythmics fixeron sete álbums en sete anos), Lennox sentía a necesidade de parar e tomou un tempo para ter un fillo e meditar que facer despois cos Eurythmics. Anos de convivencia creara problemas na relación do dúo, e os dous non falaron en moito tempo, de 1990 a 1998.

En 1992, Lennox publica o seu álbum de solista Diva, que obtivo un consenso de crítica e público, mentres Stewart comezou a escribir bandas sonoras para filmes e formou unha banda co nome de "Spiritual Cowboys". Stewart publicou un álbum en solitario en 1995, Greetings from the Gutter, pero non tivo éxito. O álbum publicado por Lennox, Medusa, tivo moita máis éxito.

Anos recentes

[editar | editar a fonte]

Os Eurythmics reuníronse en 1999 e publicaron Peace, a súa última gravación en estudio. En 2003 a BMG anunciou á prensa o proxecto de facer saír versións dos oito álbums gravadas polo grupo en estudio, unha compilación de 18 temas titulada Ultimate Collection e dous discos de pezas raras, todo remasterizado por Stewart. Estes discos verían a luz a finais de 2005. En xuño de 2003, Lennox publicou o seu terceiro álbum como solista, Bare. Gravou tamén a canción Into The West para o filme de Peter Jackson "The Lord of the Rings: The Return of the King", que fixo de tema final e propiciou que Lennox gañase o Oscar á mellor canción. En 2005 Annie Lennox participou no Live 8 de Londres.

Curiosidade

[editar | editar a fonte]

O cantante Marylin Manson fixo unha versión da canción "Sweet Dreams".

Discografía

[editar | editar a fonte]
Ano Álbum
1981 In The Garden
1983 Sweet Dreams (Are Made of This)
1983 Touch
1984 Touch Dance
1984 1984 (For The Love Of Big Brother)
1985 Be Yourself Tonight
1986 Revenge
1987 Savage
1989 We Too Are One
1991 Greatest Hits
1993 Live 1983-1989
1999 Peace
2005 Ultimate Collection
2005 Boxed