Europa Oriental
As conferencias de Ialta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello.
Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no:
- COMECON (Consello de Axuda Mutua Económica), creado en 1949 como resposta ó Plan Marshall (programa de créditos brandos dos EUA ós países de Europa Occidental).
- Pacto de Varsovia, alianza militar constituída en 1955 como resposta á Alianza Atllántica ou OTAN.
Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estanse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do pano de aceiro.
Macrorexión da ONU
[editar | editar a fonte]Tendo en conta a división do mundo feita pola ONU, Europa Oriental é unha das macrorexións da ONU en que se divide Europa. Esta clasificación inclúe 10 estados:
Balcáns
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente tamén son incluídos nesta clasificación os países balcánicos:
Estados desaparecidos
[editar | editar a fonte]Na Europa Oriental tamén se incluían:
Repúblicas bálticas
[editar | editar a fonte]As repúblicas bálticas non sempre son incluídas nesta clasificación. Ás veces inclúense na macrorexión xeográfica de Europa do Norte: