Anaconda común
Anaconda común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Eunectes murinus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia [1] | |||||||||||||||||||||
|
A anaconda común[2][3] (Eunectes murinus) é unha serpe constritora da especie das boas.
Cunha lonxitude que nas femias pode superar os sete metros de lonxitude, e un grosor que pode acadar os trinta centímetros, este animal pode chegar a pesar ata douscentos cincuenta quilogramos. Rivaliza co pitón reticulado polo título de serpe máis grande. Cunha alimentación estritamente carnívora, pode chegar a engulir caimáns de talle medio, capibaras adultas (o roedor máis grande que existe, con ata sesenta quilos de peso), felinos etc.
Habita á beira das augas ou mergullada en ríos e lagos, primordialmente nas cuncas do Amazonas e do Orinoco, pois ten unha grande habilidade natatoria. Animal ovovivíparo ten niñadas de 20 ou 40 exemplares que nacen en febreiro ou marzo[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, Volume 1. Herpetologists' League. 511 pp. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anaconda.
- ↑ Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 1. A-B. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 233. ISBN 84-95335-45-X
- ↑ Robert Burton International Wildlife Encyclopedia, Marshall Cavendish, 2002, páxina 44