Eugeni Xammar
(1932) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1888 Barcelona, España |
Morte | 5 de decembro de 1973 (85 anos) L'Ametlla del Vallès, España |
Lugar de sepultura | L'Ametlla del Vallès 41°40′29″N 2°15′48″L / 41.674797, 2.263344 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor , diplomático , correspondente de guerra |
Período de actividade | 1907 - 1970 |
Pseudónimo literario | Douglas Flint (1904–1909) Harry Doggerel, a El Día Gráfico (pt) (1913–1916) Peer Gynt, a El Be Negre (pt) (1936–1936) |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Francine Mesne (1970–1973), morte da persoa Amanda Fürstenwerth (1922–1969), morte do cónxuxe |
Premios | |
Eugeni Xammar i Puigventós, nado en Barcelona o 17 de xaneiro de 1888 e finado en L'Ametlla del Vallès o 5 de decembro de 1973,[1] foi un xornalista cosmopolita, diplomático de carreira e tradutor políglota (falaba sete linguas e escribía cinco) que viviu a meirande parte da súa vida fóra de Cataluña como correspondente en Europa durante os convulsos anos da primeira e a segunda guerra mundial.
Traballou como correspondente en Buenos Aires, París, Madrid, Londres, Berlín, Washington DC ou Xenebra e viaxou a Italia, Rusia ou Austria entre outros. Como correspondente colaborou principalmente con medios cataláns escribindo en catalán, como La Publicitat, La Veu de Catalunya ou a revista Mirador, unha actividade complementada con colaboracións en castelán nos medios suramericanos e co xornal madrileño Ahora. O seu dominio das linguas permitiulle traballar como tradutor para organismos internacionais como a ONU, a OMS, o Banco Mundial e a FAO.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eugeni Xammar i Puigventós". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugeni Xammar |