Estreito de Palk
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Índico | |||
Localización | ||||
País da cunca | India | |||
División administrativa | Sri Lanka | |||
| ||||
Afluentes | Rio Malvathu (pt) ,Mandekal Aru (en) ,Nay Aru (en) ,Pali Aru (en) ,Pallavarayankaddu Aru (en) ,Parangi Aru (en) | |||
O estreito de Palk (támil: பாக்கு நீரிணை) é un estreito entre o estado de Tamil Nadu na India e o distrito de Jaffna en Sri Lanka. Conecta o golfo de Bengala no nordés coa baía de Palk no suroeste.[1] Cunha profundidade mínima de menos de 9,1 m,[2] mide entre 64 e 137 km de largo e 136 km de lonxitude.[3] Hai varios ríos que desembocan no estreito, incluído o río Vaigai de Tamil Nadu. O estreito recibe o seu nome por Robert Palk, gobernador de Madras (1755–1763) durante o período da compañía Raj.
Unha característica salientable do estreito de Palk é que as ondas nas partes norte e sur teñen un gran contraste. No norte, as ondas do golfo de Bengala son principalmente ondas de vento[4] mentres que no sur, na baía de Palk son principalmente ondas mariñas. A pesar diso, a altura significativa das ondas na baía de Palk é baixa. A media preto de Adam's Bridge está arredor de 0,5 m.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A baía de Palk está salpicada na súa parte meridional por unha cadea de illas baixas e arrecifes denominada colectivamente Adam's Bridge,[6] coñecida historicamente na mitoloxía hindú como "Ram Setu" (a ponte de Rama).[7] Esta cadea esténdese entre Dhanushkodi na illa Pamban ou Rameswaram en Tamil Nadu e a illa Mannar en Sri Lanka. A illa de Rameswaram está unida ao continente pola ponte de Pamban.
Historia
[editar | editar a fonte]A partir de 1914, adoitaba haber trens regulares dende Chennai a Dhanushkodi, un transbordador a Talaimannar na illa Mannar e despois un tren a Colombo. En 1964, un ciclón destruíu Dhanushkodi e toda a vía e causou graves danos nas ribeiras do estreito e da baía de Palk.[8] Dhanushkodi non foi reconstruída e o ferrocarril de Talaimannar a Mahawilachchiya en Sri Lanka foi abandonado por mor da guerra civil, aínda que posteriormente foi reconstruído. Existiu un transbordador entre os pequenos peiraos de Rameswaram e Talaimannar, mais foi interrompido.[9]
Proposta de canle
[editar | editar a fonte]As augas pouco profundas e os arrecifes do estreito dificultan a navegación de grandes embarcacións, aínda que os barcos pequenos e de pesca percorrérono durante séculos. A construción dunha canle de navegación a través do estreito foi proposta por primeira vez polo goberno británico da India en 1860, e numerosos comités estudaron a proposta dende entón. Un dos últimos estudos do chamado Sethusamudram Shipping Canal Project, analizou o impacto ambiental e a viabilidade e foi encargado polo goberno de Tamil Nadu en 2004.[10]
Porén, o plan atopou oposición de varios círculos relixiosos. O poema épico Ramayana, un importante texto hindú, conta como Rama, coa axuda dun exército de vanaras, construíu unha ponte de pedras que cruzaba o mar ata Lanka para rescatar a súa esposa Sita do rei Asura Ravana. O movemento Ram Karmabhoomi, animado por unha fotografía de satélite da NASA, formou para evitar a construción da canle.[11]
Tamén se propuxo a construción dun túnel submarino que unise a India e Sri Lanka baixo o estreito de Palk.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Map of Sri Lanka with Palk Strait and Palk Bay
- ↑ Palk Bay, Sea Seek.
- ↑ Palk Strait, Encyclopedia britannica.
- ↑ Kumar, Sanil (2017-08-09). Observation on dominance of swells over wind-seas in the coastal waters of Gulf of Mannar, India. doi:10.5194/os-2017-16-ac1.
- ↑ George, victor; Kumar, V. Sanil (outubro de 2019). "Wind-wave measurements and modelling in the shallow semi-enclosed Palk Bay". Ocean Engineering 189: 106401. ISSN 0029-8018. doi:10.1016/j.oceaneng.2019.106401.
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Palk Straits". Encyclopædia Britannica 20 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 635.
- ↑ "Adam's bridge". Encyclopædia Britannica. 2007. Consultado o 2007-09-14.
- ↑ "Land's end". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2004. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "Sri Lanka, India to relaunch ferry service after three decades". Pakistan Today. Reuters. 7 de xaneiro de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ Harnessing the Troubled Waters: Sethusamudram Canal Project
- ↑ "Hanuman bridge is myth: Experts". Times of India. 19 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 2011-04-25.
- ↑ Hegadekatti, Kartik (6 de xaneiro de 2016). "The Tunnel from India to Sri Lanka". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Palk |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Photo essay on the Palk Strait Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine.