Estorniño rosado
Estorniño rosado | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Gujarat, India durante a migración | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución de P. roseus (Compilado por: BirdLife International e Handbook of the Birds of the World (2016) 2007, IUCN 2020.1) Reprodutores Non reprodutores
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O estorniño rosado[2] (Pastor roseus, antes Sturnus roseus) é unha ave paseriforme da familia dos estorniños.[3] Esta especie foi situada recentemente no seu propio xénero monotípico, Pastor, que se creou separándoo do xénero Sturnus. Esta división de Sturnus está apoiada por estudos recentes, aínda non se coñecen con seguridade outras especies relacionadas que se poidan incluír neste novo xénero.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O estorniño rosado foi descrito formalmente en 1758 polo naturalista sueco Carl Linné na décima edición da súa obra Systema Naturae. Situouno xunto cos tordos no xénero Turdus e acuñou para el o nome binomial Turdus roseus. Linnaeus deu como localidade tipo Laponia e Suíza.[5][6] Despois estivo clasificado no xénero Sturnus. Actualmente é a única especie situada no xénero Pastor que foi introducido polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck en 1815.[7][8] A especie é monotípica: sen subespecies recoñecidas.[8] O nome do xénero vén do latín pastor.[9][10] O nome específico roseus en latín "de cor rosa".[9]
Anteriormente, algunhas autoridades consideraban que o Oriolus traillii estaba tamén dentro do xénero Pastor.[11]
Descrición
[editar | editar a fonte]O estorniño rosado adulto é doado de distinguir, con seu corpo rosa, patas e bico alaranxados claros e cabeza, ás e cola negras brillantes. Os machos na estación reprodutora teñen as plumas da cabeza máis alongadas, formando unha crista escasa que é levantada cando a paxaro está excitado. En inverno, a crista é máis curta, e as beiras das plumas negras da plumaxe fanse máis claras a medida que estas beiras se van desgastando. A plumaxe de inverno nos machos é máis apagada compartivamente.
En contraste, as femias teñen unha crista curta e carecen da separación nítida entre o rosa e o negro.
Os inmaturos poden distinguirse do estorniño pinto (Sturnus vulgaris) pola súa plumaxe claramente máis clara e bico amarelo curto. Os paxaros novos mudan dando unha versión apagada da plumaxe adulta en outono, aínda que carecen de crista. Non adquiren a súa plumaxe adulta ata que teñen case un ano de vida nas femias e case dous anos nos machos. Os machos xa teñen no seu segundo ano unha plumaxe similar á das femias adultas, mais poden distinguirse polas súas cristas máis longas e beiras das plumas máis claras que as dos individuos inmaturos femias.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A área de reprodución desta ave son as estepas, semidesertos e desertos de Asia cental e sueste de Europa. Pode atoparse desde o noroeste de Mongolia a través de Dzungarei, Xinjiang, Kazakhstán, Kirguizistán, Taxiquistán, Uzbequistán e Turcomenistán ao sur de Rusia, Ucraína, Azerbaidján e Armenia. A súa área sur esténdese ao norte de Afganistán e Irán. Unha reprodución irregular e rara tamén se observou fóra desa área (Romanía). [1] É unha ave fortemente migratoria, e pasa o inverno na India e Asia tropical. Na India en inverno adoita parecer que supera en número aos estorniños e outros estúrnidos (mynas) locais. O estorniño rosado é unha ave da estepa e campos agrícolas abertos. Nos anos en que os saltóns e outros insectos son abundantes, aventúrase moito máis alá da súa área habitual, e un número significativo deles chegan a Francia, Reino Unido e Irlanda. está incluído na lista das aves ibéricas. É un visitante de verán no noroeste de Afganistán, un migrante de paso no resto de Afganistán e un visitnte de inverno regular na India.
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Son aves moi gregarias, que adoitan formar bandadas grandes e ruidosas, que ás veces poden ser unha praga para os cultivos de cereiais ou árbores froiteiras; son moi atraídas polas árbores en floración. Porén, son tamén moi beneficiosos para os granxeiros porque son predadores dos insectos que crean pragas, como as lagostas e saltóns, limitando así o seu número. As aves reprodúcense en apertadas colonias nunha estación reprodutora moi curta sincronizada para aproveitárense do pico de abundancia de saltóns entre os meses de maio e xuño.[12]
Reprodución
[editar | editar a fonte]O estorniño rosado é un reprodutor colonial, e, igual que outros estorniños, é moi gregario, formando grandes bandadas en inverno. Tamén comparte a dieta omnívora doutras especies, aínda que prefire os insectos. A súa canción é unha mestura típica de estorniño de chíos e repenicos creados facendo tremer moito as ás. En Xinjiang, China, os agricultores usan insecticidas para eliminar as lagostas, que son custosos e contaminantes. Na década de 1980, os expertos atoparon que os estorniños rosa que comían lagostas na zona de Xinjiang podían usarse para o control das pragas no canto dos insecticidas. Os expertos empezaron a construír niños artificiais para atraer estas aves, unha medida que resultou ter tanto éxito que o número de lagostas foi insuficiente para alimentar as aves, causando a morte de fame de moitas crías. Na década de 2000 moitas granxas de Xinjiang diminuíron drasticamente o uso de insecticidas.[12] [13]
Alimentación
[editar | editar a fonte]O estorniño rosado aliméntase principalmente de froitas, bagas, néctar floral, grans de cereais e insectos. Observacións específicas dos seus alimentos favoritos descubriron as seguintes preferencias: Froitas e bagas: Ficus (moitas especies), Lantana spp., Ziziphus oenopolia, Bridelia montana, Streblus asper, uvas, froitos da moreira (Morus), dátiles, Salvadora persica, Capparis aphylla e chiles. Néctar de flores: Salmalia persica, Bombax insigne, Erythrina indica e Erythrina suberosa, Butea monosperma, Careya arborea. Grans de cereais: sorgo e millo miúdo perla (Cenchrus americanus'). Insectos: principalmente lagostas e saltóns, escaravellos das familias Lucanidae, Elateridae, Tenebrionidae, Buprestidae, Scarabaeidae e Curculionidae.[14]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Bandada de estorniños rosados en Armenia
-
Ovos de estorniño rosado
-
Xuvenil
-
Estorniños rosados preto de Hyderabad
-
Estorniños rosados en Pune.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016). "Pastor roseus" 2016: e.T22710881A87844468. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22710881A87844468.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Gilman, D. C.; Peck, H. T.; Colby, F. M., eds. (1905). "Pastor" . New International Encyclopedia (1ª ed.). New York: Dodd, Mead.
- ↑ Jønsson, Knud A. & Fjeldså, Jon (2006): A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri). Zool. Scripta 35(2): 149–186. doi 10.1111/j.1463-6409.2006.00221.x
- ↑ Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10ª ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 170.
- ↑ Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1962). Check-list of Birds of the World 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. 106–107.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1815). Manuel d'ornithologie, ou, Tableau systématique des oiseaux qui se trouvent en Europe (en francés) (1st ed.). Amsterdam: J.C. Sepp & Fils. pp. 82–83.
- ↑ 8,0 8,1 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (decembro de 2023). "Nuthatches, Wallcreeper, treecreepers, mockingbirds, starlings, oxpeckers". IOC World Bird List Version 14.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 7 de febreiro de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 294, 337. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Modelo:OED
- ↑ "Oriolus traillii - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2017-03-01.
- ↑ 12,0 12,1 Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia The Ripley Guide (First ed.). Washington DC: NMNH, Lynx Edicions. pp. 582–583. ISBN 84-87334-66-0.
- ↑ CCTV誰殺死了粉紅椋鳥
- ↑ Ali, Salim; Ripley, S Dillon (1987). Handbook of the Birds of India and Pakistan (2ª ed.). New Delhi: Oxford University Press. pp. 163–166. ISBN 978-0-19-565938-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estorniño rosado |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pastor roseus |
- David, J. P.; Manakadan, R.; Ganesh, T. (2015). Frugivory and seed dispersal by birds and mammals in the coastal tropical dry evergreen forests of southern India: A review. Tropical Ecology. 56(1). pp. 41–55.