Saltar ao contido

Estilbeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura do cis-estilbeno

O estilbeno é un hidrocarburo aromático de fórmula C14H12, do que existen dúas formas isómeras: o trans-1,2-difeniletileno (E-estilbeno) e o cis-1,2-difeniletileno (Z-estilbeno).

Co mesmo termo de "estilbenos" desígnanse tamén os derivados hidroxi e alcolxi do estilbeno simple, así como ás súas formas heterósido (glicósido) e polímeros.

A esta familia pertenen os polifenois naturais presentes en moitas familias de plantas superiores (por exemplo, o resveratrol da uva).

Xunto aos bifenilos e os fenantrenos conforman a familia dos estilbenoides.

O estilbeno e unha das substancias utilizadas ilegalmente por algúns agricultores, tanto en forma libre como os seus derivados (sales o ésteres).

Esta substancia está prohibida en diversos países, como en Francia.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Seu nome provén do grego antigo στίβω stílbō, "brillar", debido ás súas propiedades de fluorescencia.