Esther Williams
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Esther Jane Williams 8 de agosto de 1921 Inglewood, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 6 de xuño de 2013 (91 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | Los Angeles City College (en) Washington Preparatory High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de televisión, autobiógrafa, nadadora |
Período de actividade | 1942 - 1963 |
Partido político | California Republican Party (en) |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | natación |
Familia | |
Cónxuxe | Fernando Lamas (1969–1982), morte do cónxuxe Ben Gage (1945–1959), divorcio Leonard Kovner (1940–1944), divorcio |
Pais | Louis Stanton Williams e Bula |
Premios | |
Sitio web | esther-williams.com |
|
Esther Jane Williams, nada en Inglewood, California, o 8 de agosto de 1921 e finada en Beverly Hills o 6 de xuño de 2013, foi unha nadadora e actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Williams era a filla máis nova dunha familia pobre con cinco fillos. Comezou a nadar desde nena na piscina pública da súa cidade.
Antes de entrar no cinema, Williams, entusiasta da natación, foi campioa do deporte na Feira Mundial de San Francisco. Alén diso, estudou na Universidade de Carolina do Sur[1] e foi modelo profesional.[2] Finalmente decidiuse polo mundo do espectáculo e comezou a realizar presentacións co tamén nadador Johnny Weissmüller, famoso polos seus éxitos olímpicos e polos seus filmes como Tarzan.[3] Nese contexto foi descuberta en 1940 pola Metro-Goldwyn-Mayer, produtora coa que asinou un contrato. Estreouse no cinema ao lado de Mickey Rooney no filme Andy Hardy’s Double Life e en 1944, ao actuar en Bathing Beauty acadou finalmente o estrelato, pasando a figurar entre as grandes actrices da MGM.
Foi elixida unha das estrelas con maior público en 1950, alén de ser considerada a serea de Hollywood e a raíña dos filmes musicais dos estudios MGM, sempre en espectáculos acuáticos.[4] En 1952 estreouse un dos seus maiores éxitos de billetería, Million Dollar Mermaid, biopic en que a actriz interpretaba a Annette Kellerman.
Como para outras grandes estrelas da época dourada de Hollywood, a madurez de Williams non foi moi feliz, principalmente canado o seu matrimonio co exgalán latino Fernando Lamas comezou a desmoronarse. En 1974, aos 51 anos de idade, foi apresada por conducir en estado de embriaguez. Liberárona após dúas horas despois de que o seu marido pagase a fianza.
Faleceu na noite do 6 de xuño de 2013 nos Ánxeles mentres durmía, aos 91 anos de idade.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Williams casou catro veces. Divorciada en 1944[6] do doutor Leonard Kouner (con quen casara en 1940[7]), volveu casar no ano seguinte co actor Ben Gage,[8] co que tivo tres fillos e de quen tamén se divorciou. Tamén estivo casada co actor Fernando Lamas, o latin lover do cinema americano, co que permaneceu casada ata o falecemento del por mor dun cancro de páncreas o 8 de outubro de 1982.Williams 1999, p. 380 Viviu en Beverly Hills co actor Edward Bell, con quen casou o 24 de outubro de 1994.Williams 1999, p. 392-393
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1942 | Andy Hardy's Double Life | Sheila Brooks | |
Personalities | Sheila Brooks (test de pantalla) | Curtametraxe | |
Inflation | Mrs. Smith | Curtametraxe | |
1943 | A Guy Named Joe | Ellen Bright | |
1944 | Bathing Beauty | Caroline Brooks | |
1945 | Thrill of a Romance | Cynthia Glenn | |
Ziegfeld Follies | Herself | ('A Water Ballet') | |
1946 | The Hoodlum Saint | Kay Lorrison | |
Easy to Wed | Connie Allenbury Chandler | ||
Till the Clouds Roll By | Ela mesma | Sen acreditar | |
1947 | Fiesta | Maria Morales | |
This Time for Keeps | Leonora 'Nora' Cambaretti | ||
1948 | On an Island with You | Rosalind Reynolds | |
1949 | Take Me Out to the Ball Game | K.C. Higgins | |
Neptune's Daughter | Eve Barrett | ||
1950 | Duchess of Idaho | Christine Riverton Duncan | |
Pagan Love Song | Mimi Bennett | ||
1951 | Texas Carnival | Debbie Telford | |
Callaway Went Thataway | Ela mesma | Sen acreditar | |
1952 | Skirts Ahoy! | Whitney Young | |
Million Dollar Mermaid | Annette Kellerman | ||
1953 | Dangerous When Wet | Katie Higgins | |
Easy to Love | Julie Hallerton | ||
1954 | Athena | –
|
Guionista sen acreditar |
1955 | Jupiter's Darling | Amytis | |
1955 Motion Picture Theatre Celebration | Ela mesma | Curtametraxe | |
1956 | The Unguarded Moment | Lois Conway | |
1958 | Raw Wind in Eden | Laura | |
1961 | The Big Show | Hillary Allen | |
1963 | Magic Fountain[9] | Hyacinth Tower | |
1994 | That's Entertainment! III | Ela mesma |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Esther Williams Back at Poolside". Los Angeles Times. 27 de maio de 1984. p. G1.
- ↑ "cinemaclassico.com". www.cinemaclassico.com.
- ↑ "Esther Williams Queen of Aquacade". Los Angeles Times. 13 de maio de 1940. p. A12.
- ↑ "pearljamevolution.com". www.pearljamevolution.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2024.
- ↑ "morreu-a-sereia-dos-musicais-de-hollywood". cinema.sapo.pt. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 31 de xullo de 2024.
- ↑ 11 de setembro de 1944, San Jose Evening News.
- ↑ "Marriage Announcement 2". Los Angeles Times. 28 de xuño de 1940. p. 31.
- ↑ "Esther Williams Will be Married Tomorrow". Los Angeles Times. 24 de novembro de 1945. p. A1.
- ↑ Michaelson, J. (13 de xuño de 1984). "Esther Williams Back at Poolside". Los Angeles Times – vía Newspapers.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esther Williams |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Háy, Peter (1991). MGM: When the Lion Roars (1st ed.). Atlanta: Turner Publishing, Inc. ISBN 978-1-878685-04-9. OCLC 499304130. Consultado o 30 de xullo de 2010.
- Sherrow, Victoria (1996). The Encyclopedia of Women and Sports. Santa Barbara, California: ABC-CLIO. ISBN 978-0-87436-826-0. OCLC 34658767. Consultado o 30 de xullo de 2010.
- Williams, Esther (1999). The Million Dollar Mermaid: An Autobiography (First ed.). Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-0-15-601135-8. OCLC 43706619. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2010.
- Wayne, Jane Ellen (2003). The Golden Girls of MGM: Greta Garbo, Joan Crawford, Lana Turner, Judy Garland, Ava Gardner, Grace Kelly, and Others. Nova York: Carroll & Graf Publishers. ISBN 978-0-7867-1303-5. OCLC 54010001. Consultado o 30 de xullo de 2010.[Ligazón morta]