Estevo Fernández de Castro
Nome orixinal | (es) Esteban Fernández de Castro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XIII Reino de Galicia |
Morte | Despois de 1291 Coroa de Castela |
Pertegueiro maior de Santiago | |
Adiantado maior do reino de Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata, militar |
Familia | |
Familia | Casa de Castro |
Cónxuxe | Aldonza Rodríguez de León |
Fillos | Fernando Rodrigues de Castro |
Pais | Fernán Gutiérrez de Castro e Milia Iñiguez de Mendoza |
Estevo Fernández de Castro foi un nobre galego que desempeñou o cargo de Pertegueiro maior de Santiago a finais do século XIII.
Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Descoñécese a data do seu nacemento. Estevo foi fillo de Fernando Gutiérrez de Castro e de Milia Íñiguez de Mendoza, neto por parte paterna de Gutierre Rodríguez de Castro e Elvira Osorio, e por parte materna de Íñigo López de Mendoza, señor de Llodio. Tivo varios irmáns, entre outros, Andrés Fernández de Castro, pertegueiro maior de Santiago e adiantado maior de Galicia, e de Urraca Fernández de Castro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1272 tomou parte, xunto ao infante Felipe e outros magnates, na revolta nobiliaria contra Afonso X de Castela. Antes de que a rebelión estalase, comezou a manifestarse no desacato que algúns ricohomes, entre os que se atopaba o infante Felipe, manifestaron cara ao rei, pois se negaron a acudir a Sevilla coas súas tropas para socorrer ao infante Fernando de la Cerda, que combatía aos musulmáns. O rei de Granada, así como o sultán dos benimerines, achábanse implicados na caonxura, a fin de debilitar ao soberano castelán.[1] Nas Cortes de Burgos de 1272 Afonso X , que se aveu a negociar cos nobres, autorizou o matrimonio de Estevo Fernández de Castro con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso e neta do rei Afonso IX de León, que era ademais curmá do rei.
Tralas Cortes de Burgos de 1272, nas que parecía que o soberano castelán alcanzaría un acordo cos magnates sublevados, rompéronse as negociacións e os magnates sublevados contra o rei de Castela, entre os que se contaba Estevo Fernández de Castro, partiron cara ao reino de Granada, onde foron acollidos con todos os honores polo rei Muhammad I de Granada, logo de asinar un acordo con el en Sabiote no que os nobres asinantes comprometéronse co soberano granadino a prestarse axuda mutuamente contra Afonso X, ata que o rei accedese ás súas demandas. Antes de dirixirse a Granada, os magnates saquearon o territorio, roubando gando e devastando algúns territorios, malia que o rei lles enviou mensaxeiros, portando cartas nas que se recordaba aos sublevados os favores que recibiran do rei, así como a súa traizón ao incumprir os seus compromisos como vasalos co soberano.[2]
A finais de 1272, o rei Afonso X tivo coñecemento de que o seu irmán o infante Felipe, negociaba secretamente co rei de Navarra a fin de que este se involucrase nunha guerra contra o reino de Castela e León. Entre os involucrados nas negociacións co soberano navarro achábase Estevo Pérez de Castro, que reprochaba ao rei a súa negativa a entregarlle á súa esposa, Aldonza que se achaba retida polo rei, e que reclamaba o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñara desde o ano 1266.[3]
A comezos de 1273 achándose na cidade de Toledo, Afonso X o Sabio renovou as negociacións cos magnates sublevados e accedeu á maioría das súas demandas, entre as que se contaba a que facía Estevo Fernández de Castro, que reclamaba os 3000 marabedís da soldada de Martín Alfonso de León, fillo ilexítimo de Afonso IX.
En 1273 desapareceu o cargo de adiantado maior de Galicia, que desempeñaba Estevo Fernández de Castro, quen en 1276 foi nomeado pertegueiro maior de Santiago e, dous anos despois, meiriño maior de Galicia.[4]
En 1282, Estevo Fernández de Castro, que durante a guerra civil castelá apoiou ao bando do infante Sancho, que loitaba contra o seu pai Afonso X, foi recompensado polo infante Sancho, o cal fíxolle entrega das rendas derivadas do arrendamento de tres anos das terzas dos bispados de Zamora, Salamanca, Ciudad Rodrigo e Coria.[3]
Faleceu logo de xuño de 1291, pois nese ano outorgou unha carta de arras, en nome do seu fillo Fernando, a favor de Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima do rei Sancho IV o Bravo e esposa do seu fillo.[a][5]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casou con Aldonza, filla de Rodrigo Alfonso de León e neta do rei Afonso IX. Froito do seu matrimonio naceu un fillo:[6]
- Fernando Rodríguez de Castro (1280-1304). Señor de Lemos e Sarria, de Cabreira e Ribeira, adiantado maior de Galicia, pertegueiro maior de Santiago e comendeiro da Igrexa de Lugo. Casado en matrimonio con Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O 18 de xuño de 1291 (Monasterio Feminino de Sancti Spíritus de Salamanca, documento 36): Carta de arras dada por Esteban Fernández de Castro, pertegueiro maior en terras de Santiago de Compostela en nome do seu fillo Fernando Rodríguez de Castro a Violante, filla de Sancho IV de Castela e María Alfonso de Ucero, arras que consistiron en o meu castelo de Villa Martín que foy de don Rodrigo Ferrandes de Valdorna, avoe (abuelo) de dona Aldonza Rodríguez, mia moller que foy, además de tierras en Santiago de Compostela y en Toroño, i.e., Coto d'Arcos de Condesa, coto de Salcedo, y lo que tiene en Quella y en Quintaela y en Teys e estes lugares sobreditos sum de mina avoenga (abuela). También los cotos de Valladares, de Gulaos, de Nogueira, de Caldelas y de Pías que dice habían sido de su mujer Aldonza Rodríguez.
- ↑ González Jiménez 2004, pp. 244-245.
- ↑ González Jiménez 2004, pp. 254-255.
- ↑ 3,0 3,1 González Jiménez 2004, pp. 257-259.
- ↑ Beltrán Pepió 2000, pp. 15-16.
- ↑ Pardo de Guevara e Valdés 2000, p. 27.
- ↑ Arco y Garay 1954, pp. 180-181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arco y Garay, Ricardo del (1954). Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ed. Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid. OCLC 11366237.
- Armesto, Victoria (1969). Galicia feudal 1 (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia S.A. OCLC 6388126.
- Beltrán Pepió, Vicente (2000). "Esteban Fernández de Castro y Fernán Díaz Escalho". Madrygal: Revista de estudios gallegos (Madrid: Universidad Complutense: Servicio de Publicaciones y Departamento de Filología Románica y Filología Eslava) (3): 13–20. ISSN 1138-9664.
- Echániz Sans, María (1993). El Monasterio Femenino de Sancti Spíritus de Salamanca, Colección Diplomática (1268 - 1400). Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-748-X.
- González-Doria, Fernando (2000). Diccionario heráldico y nobiliario de los Reinos de España (1ª ed.). San Fernando de Henares (Madrid): Ediciones Trigo S. L. ISBN 84-89787-17-4.
- González Jiménez, Manuel (2004). Alfonso X el Sabio (1ª ed.). Barcelona: Editorial Ariel S. A. ISBN 84-344-6758-5.
- Ibáñez de Segovia Peralta y Mendoza, Gaspar; Marqués de Mondejar (1777). Joachin Ibarra, ed. Memorias históricas del Rei D. Alonso el Sabio i observaciones a su chronica. Madrid.
- Loaysa, Jofré de; García Martínez, Antonio (1982). Academia Alfonso X el Sabio, Colección Biblioteca Murciana de bolsillo Nº 27, ed. Crónicas de los Reyes de Castilla Fernando III, Alfonso X, Sancho IV y Fernando IV (1248-1305). latín e castelán (2ª ed.). Murcia. ISBN 84-00-05017-7.
- Menéndez Pidal de Navascués, Faustino (1982). Instituto Luis de Salazar y Castro, ed. Heráldica medieval española. Volumen I: La Casa Real de Castilla y León. Madrid: Hidalguía. ISBN 8400051505.
- Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (2000). Fundación Pedro Barrié de la Maza, ed. Los señores de Galicia: tenentes y condes de Lemos en la Edad Media (1ª ed.). ISBN 84-89748-71-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: ? |
Pertegueiro maior de Santiago ? - 1296 - ? |
Sucesor: Fernando Rodríguez de Castro |