Saltar ao contido

Estatua de Teucro


Estatua de Teucro
A escultura na praza de San Xosé
Presentación
LocalizaciónPontevedra
DirecciónPraza de San Xosé
EstruturaBronce
EstiloEscultura conmemorativa
TipoEstatua
Construción
Data da construción2006
Remate15 de xullo de 2006
Dimensións
Altura6 m
Equipo
EscultorCándido Pazos

Teucro é unha estatua creada polo escultor Cándido Pazos, situada en Pontevedra.[1] Atópase na praza de San Xosé sobre o reloxo do edificio central da antiga Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e foi inaugurada o 15 de xullo de 2006.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Teucro é o mítico fundador da cidade de Pontevedra. A lenda conta que o mítico arqueiro Teucro, fillo do rei Telamón (rei de Salamina), seguiu a unha serea, Leucoiña, no seu exilio ata a ría de Pontevedra e logo fundou a cidade.

Antes da fundación da cidade, Teucro, xunto co seu irmán Áiax e o seu primo Aquiles, fora á guerra de Troia. Pero cando esta longa guerra terminou e volveron ao seu país, os heroes non foron ben recibidos, nin sequera polas súas propias familias. Teucro, rexeitado polo seu pai, foi en busca dunha nova patria en Occidente e chegou a Iberia, percorreu a costa de Hispania, cruzou o estreito de Xibraltar e fundou unha colonia grega chamada Hellenes, que se convertería en Pontevedra.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A escultura é de bronce e ten 6 metros de altura.[3]

Pesa 2 toneladas e está ancorada mediante un espigo de aceiro ao pequeno pavillón do reloxo na parte superior do edificio da Caixa de Aforros de Pontevedra. A escultura dá unha sensación de lixeireza que suxire que está a flotar no aire no baleiro.[4]

Teucro é representado como un atleta novo espido cun arco modernista e a expresión de chegar ao seu destino.

Teucro na cidade

[editar | editar a fonte]

En 1843, a cidade puxo o nome de Teucro á praza máis antiga do centro histórico, que antes se chamaba Praza da Vila ou Praza do Pan.[5]

Na fachada da Casa Consistorial de Pontevedra (1880) hai unha inscrición sobre a fundación da cidade polo arqueiro grego Teucro.

Na Basílica de Santa María a Maior hai unha estatua de Teucro portando o báculo no alto do contraforte dereito da súa fachada principal.[6] En 1956, engadiuse unha estatua de granito de Teucro rompendo as fauces do león de Nemea cunha cruz detrás no arco da fonte que pecha o atrio da Igrexa da Virxe Peregrina.

  1. "Teucro leva a Cándido Pazos á elite escultórica". Galicia Hoxe. 30 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  2. "Teucro, el héroe griego que fundó Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 26 de xuño de 2020. 
  3. "Teucro ya pisa el reloj". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2006. 
  4. "El santiagués Cándido Pazos entra en la élite artística con sus últimas obras". El Correo Gallego (en castelán). 29 de xullo de 2006. 
  5. "Un país mágico. Pontevedra". TVE (en castelán). 26 de xaneiro de 2022. 
  6. Durán Villa 2000, p. 76

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 100-101;118-119. ISBN 978-8403509344. 
  • Durán Villa, Francisco (2000). Provincia de Pontevedra (en castelán). Madrid: Mediterráneo. ISBN 8471563371. 
  • González y Zúniga, Claudio (1846). Historia de Pontevedra, o sea de la antigua Helenes fundada por Teucro (en castelán). Pontevedra: Establecimiento Tipográfico de la Viuda Pintos. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]