Estadio do Couto
O Couto | |
---|---|
Celebración do ascenso da UD Ourense, 2021-22 | |
Datos | |
Coordenadas | 42°20′26″N 7°52′32″O / 42.34055, -7.87555 |
Localización | Ourense, Galicia |
Construción | |
Inauguración | 29 de agosto de 1948 |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 5.659 persoas |
Propietario | Xunta de Galicia |
Localía | Ourense Club de Fútbol Unión Deportiva Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estadio do Couto é un estadio de fútbol situado no barrio homónimo da cidade de Ourense. As medidas do terreo de xogo son 105x68 metros, e as bancadas cubertas teñen capacidade para 5659 persoas (2231 na bancada lateral de preferencia, 1811 na bancada lateral de tribuna e 1617 na bancada de fondo). O outro fondo non ten bancadas. O recinto, propiedade da Xunta de Galicia, foi o fogar do CD Ourense durante décadas até a súa desaparición en 2014, e dende entón acolle os encontros do Ourense CF e do UD Ourense. O estadio do Couto inaugurouse en 1948 co nome de "Estadio José Antonio" xuño de 2019[Cómpre referencia] cun encontro amigable que enfroutou á UD Ourensana e ao Racing de Ferrol, que rematou con resultado de 3-1. En 1986 recibiría o seu nome actual.[Cómpre referencia] O estadio sufriu distintas remodelacións, a última en 1998.
O estadio tamén foi utilizado pola Escudería Ourense para uso como parque pechado durante a edición de 1978 do Rally de Ourense.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Figueiredo Pérez, Javier; Alonso, José Manuel (2004). Rallye de Orense 1967-2003. J. Figueiredo. p. 121. ISBN 84-609-0907-7.