Estación das Neves
As Neves | |
---|---|
Situación | As Neves |
Liñas | |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
As Neves é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Paredes, moi preto da vila das Neves, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 120,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 35 metros de altitude, entre as estacións de Sela e Salvaterra.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 25 de setembro de 1879 coa aperta do tramo Salvaterra de Miño-As Neves da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 23 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine.