Estípite (botánica)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2012.) |
En botánica, o estípite é o nome outorgado ao talo das palmeiras, e por extensión ao dos fentos arbóreos. O estípite, que non é un verdadeiro toro, caracterízase principalmente pola ausencia de crecemento en grosor, contrariamente ao tronco das árbores das dicotiledóneas. O seu diámetro é constante dende o pé da palmeira até o acio de follas terminais. Pódense porén constatar ás veces irregularidades no diámetro, mais se explican por variacións climáticas que puideron afectar ao crecemento da árbore. O estípite non ramifica, agás raras excepcións. Ten tecido meristemático só no extremo superior do talo. A superficie do estípite atópase enfeitada polas impresións con losanxes características deixadas polo baseamento do pecíolo das follas caídas.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de estípite |