Erminde, Figueroa, Abegondo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Erminde.
Erminde | |
---|---|
Centro Social de Figueiroa (antiga escola) | |
Parroquia | Figueroa |
Concello | Abegondo |
Coordenadas | 43°13′16″N 8°19′24″O / 43.22109, -8.32341 |
Poboación | 108[1] hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Erminde é un lugar da parroquia de Figueroa no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Xunto coa Manga, A Praza e a Nespereira[1] en 2016 contaba con 108 persoas, 52 mulleres e 56 homes.
O tradicional núcleo rural de Erminde atópase no centro da parroquia e apegado ao lugar da Praza, separado pola Volta do Campo. Nel está a antiga escola da "Ave María do Neno Xesús", actual centro social da parroquia.
Porén, no último plano urbanístico do concello de Abegondo a denominación de Erminde acaeu nunha nova zona urbanizada no que tradicionalmente se lle chamou Os Quenllos[2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Figueroa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Figueroa no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
Damil de Abaixo | Damil de Arriba | Erminde | Figueroa Pequeno | A Manga | A Nespreira | O Outeiro | A Praza |
Parroquias de Abegondo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O Instituto Nacional de Estadística considera o núcleo rural de "Figueroa" agrupando as poboacións dos lugares da Manga, Erminde, A Praza e a Nespereira, que están case anexos
- ↑ "Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 04 de agosto de 2013.