Erasístrato
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 310 a. C. ↔ 300 a. C. Iulis, Grecia (en) |
Morte | 249 a. C. (46/56 anos) Samos, Grecia |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | médico, anatomista |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Profesores | Crisipo de Cnido e Metrodorus (en) |
Alumnos | Apollophanes of Seleucia (en) e Straton (en) |
Descrito pola fonte | 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Erasistratus) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Erasístrato (en grego antigo Ἐρασίστρατος; c. 304 – 250 a. C.) foi un médico e anatomista da Grecia Antiga, nado na illa de Ceos. Foi con Herófilo o fundador da Escola de Alexandría. Curou a Antíoco, fillo do sirio Seleuco I, escena que pintou Jacques Louis David no s. XVIII, polo que recibiu o Prix de Rome.
É considerado precursor da neuroloxía e tamén é chamado fundador da fisioloxía experimental, realizando experimentos con animais.
Descubrimentos sobre o sistema nervioso
[editar | editar a fonte]Pioneiro xunto a Herófilo na neuroanatomía, foron dos primeiros en practicar diseccións de cadáveres. Erasístrato distinguíu as principais estruturas do cerebro: hemisferios e cerebelo. Tamén observou que os nervios converxen cara ao sistema nervioso central. Resaltou o papel na sensibilidade e a motricidade das raíces posteriores e anteriores dos nervios raquídeos. Pioneiro do método comparativo, foi o primeiro en establecer un vínculo entre as circunvolucións do cerebro (é dicir, o grao de «pregamento») das distintas especies animais e a súa intelixencia.
Na liña de Anaxágoras e Alcmeón de Crotona fixo ao cortex cerebral a sede do pensamento, ao contrario que Aristóteles, que a situaba no corazón.
Descubrimentos sobre o sistema circulatorio
[editar | editar a fonte]Erasístrato sinalou a importancia do sangue e estivo moi próximo de facer o descubrimento da circulación sanguínea ao recoñecer que o corazón estaba no centro da rede de arterias e veas. Deu as primeiras descricións da vea cava, as válvulas venosas e as arterias pulmonar e renal.
Foi autor dunha teoría contraposta á dos humores. Defendeu a idea de que o sistema de veas transportaba sangue e non o pneuma imaxinado por Hipócrates. Este sangue contendo o espírito vital era transportado do corazón ao cerebro, onde era transformado e distribuído polo corpo vía os nervios (dos que demostrou que non eran ocos senón formados por unha estrutura tubular sólida). Con todo, o papel das arterias na súa teoría era o de transportar o aire, o que explicaba, segundo el, o pulso. Interpretaba algunhas desordes fisiolóxicas como un exceso de sangue nas arterias. Esta teoría da plétora sanguínea expúxose en oposición á práctica de sangrías defendida por outros médicos da época, como Herófilo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erasístrato |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Breve biografía de Erasístrato Arquivado 09 de decembro de 2006 en Wayback Machine.