Equitación
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
A equitación é un deporte ecuestre que consiste en manter o control preciso sobre un cabalo e require dun moi bo coidado e limpeza do animal por parte do xinete.
Os cabalos utilizanse para deportes de alta competición, coma o Salto, Adestramento, Concurso completo, Salto alto, Enduro Ecuestre, enganches, volteo, Polo, Hípica e Rodeo. Os cabalos tamén se montan para os propósitos terapéuticos, xa que o montar a cabalo en forma non competitiva mellora a saúde humana e o desenvolvemento emocional. Nalgunhas partes do mundo, aínda os utilizan para os propósitos prácticos, como por exemplo para o arado.
A equitación está rexida pola Federación Ecuestre Internacional e é un deporte olímpico dende 1900 nas disciplinas de salto, adestramento e concurso completo de equitación.
Historia
[editar | editar a fonte]Na prehistoria, o cabalo só servía de alimento para o ser humano. Pero na Idade de Bronce percataronse de que o cabalo podíase empregar como ferramenta de traballo. Na Época Antiga o cabalo foi utilizado para a guerra. Os principais exércitos contaban con cabalaría, nesta época aparece o primeiro cabalo famoso na historia: Bucéfalo, o cabalo de Alexandre Magno, cazado e domado por el. A Idade Media caracterizouse pola cabalaría española ou "Escola de Cabaleiros".