Equipo Crónica
O Equipo Crónica ou Crónicas de la realidad foi un grupo de pintores españois que estivo activo entre 1965 e 1981, data esta última na que finou Rafael Solbes. Foi fundado por Manolo Valdés, Rafael Solbes e Juan Antonio Toledo, se ben este último desligouse pronto do grupo.[1]
O Equipo Crónica afastouse da arte informal para cultivar unha pintura figurativa dentro da tendencia Pop art. Analizaba criticamente a situación política de España e a historia da arte. Inspirouse nas obras clásicas coma o Guernica de Picasso ou Las Meninas de Velázquez.
A súa mestura é única: un pouco realista, un pouco crítica, bastante pop, con citas pictóricas, anacronismos e pastiches [2] agridoces. Todo iso con bastante entusiasmo pero pouca ledicia, xa que a sombra do franquismo está presente en toda a súa obra. As súas pinturas e serigrafías parodiaron os retratos reais de Velázquez, que neses anos eran empregados en carteis publicitarios polo Ministerio de Información e Turismo de Manuel Fraga. Fronte á imaxe grandiosa e pintoresca de España que o réxime franquista quería proxectar, Equipo Crónica incidía noutra máis sombría recorrendo á ironía.
Equipo Crónica produciu pinturas a gran formato, xunto con esculturas e gravados seriados. Existen exemplos relevantes deste grupo no IVAM de Valencia e no Museo Raíña Sofía de Madrid.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carrassat-Marcadé, Movimientos de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2004, páx. 183, ISBN 84-8332-596-9
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Equipo Crónica na Fundación María José Jove (en castelán).
- Equipo Crónica na colección do IVAM
- Obras dixitalizadas do Equipo Crónica na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España