Epsilon Andromedae
ε Andromedae | |
Data de observación Época X2000.0 Equinoccio X2000.0 (ICRS) | |
---|---|
Constelación | Andrómeda |
Ascensión recta | 00h 38m 33.3458s[1] |
Declinación | 29° 18′ 42.305″[1] |
Magnitude aparente (V) | 4,37[1] |
Características | |
Tipo espectral | G6IIIFe-3CH1[2] |
Índice de cor U−B | 0,47[2] |
Índice de cor B−V | 0,87[2] |
Índice de cor V−R | 0,6[1] |
Índice de cor R−I | 0,51[2] |
Astrometría | |
Velocidade radial (Rv) | −83,6 ± 0.9[1] km/s |
Movemento propio (μ) | RA: −229.42[1] mas/ano Dec.: −254.09[1] mas/ano |
Paralaxe (π) | 19.34 ± 0.76[1]mas |
Distancia | 169 ± 7 al (52 ± 2 pc) |
Magnitude absoluta (MV) | 0,8[3] |
Detalles | |
Masa | 2,4[4] M☉ |
Raio | 9,8[5] R☉ |
Luminosidade | 52[4] L☉ |
Temperatura | 4.930[4] K |
Velocidade rotacional (v sin i) | 9[2] km/s |
Idade | 6,5 × 108[4] a |
Outras denominacións | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
Epsilon Andromedae (ε And, 30 And) é unha estrela da constelación de Andrómeda de magnitude aparente 4,37. Atópase a 169 anos luz da Terra.
Epsilon Andromedae é unha xigante amarela de tipo espectral G6 III cunha temperatura de 4930 K. De cor e temperatura semellante a estrelas coma Vindemiatrix (ε Virginis), Nekkar (β Bootis) ou ζ Cygni, a súa luminosidade é inferior a calquera delas, aínda que é 52 veces máis luminosa co Sol. A medida do seu diámetro angular lévanos a un radio case dez veces maior co radio solar. a súa idade é de tan só 650 millóns de anos, pero cunha masa de 2,4 masas solares, evoluciona con moita máis rapidez co Sol. A diferenza deste, que no seu núcleo o hidróxeno transformase en helio, en Epsilon Andromedae é o helio o que, mediante fusión nuclear, se transforma en carbono e osíxeno.
Afastándose moi a presa da Terra a unha velocidade relativa de 118 km/s, Épsilon Andromedae movese nunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia. É unha visitante ocasional que dende o centro da galaxia atravesa a área onde se atopa o sistema solar para dirixirse cara ás aforas da Vía Láctea.
Nome
[editar | editar a fonte]En chinés, 奎宿 (Kuí Sù), significa pernas (asterismo), refírese ó asterismo composto por ε Andromedae, η Andromedae, 65 Piscium, ζ Andromedae, δ Andromedae, π Andromedae, ν Andromedae, μ Andromedae, β Andromedae, σ Piscium, τ Piscium, 91 Piscium, υ Piscium, φ Piscium, χ Piscium e ψ¹ Piscium. Consecuentemente, ε Andromedae é coñecida coma 奎宿四 (Kuí Sù sì, Galego: a Cuarta Estrela das Pernas.)[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NLTT 2065 -- High proper-motion Star, entrada da base de datos, SIMBAD. Aceso en liña no 28 de Agosto, 2008.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 HR 163, entrada da base de datos, The Bright Star Catalogue, 5ª edición revisada. (Versión Preliminar), D. Hoffleit e W. H. Warren, Jr., CDS ID V/50. Acceso en liña no 28 de agosto de 2008.
- ↑ Extraido da paralaxe e a magnitude aparente.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Epsilon Andromedae Arquivado 28 de abril de 2007 en Wayback Machine., Stars, Jim Kaler. Consultado o 28 de agosto de 2008.
- ↑ Nordgren, Tyler E. et al. (December 1999), "Stellar Angular Diameters of Late-Type Giants and Supergiants Measured with the Navy Prototype Optical Interferometer", The Astronomical Journal 118 (6): 3032–3038, Bibcode:1999AJ....118.3032N, doi:10.1086/301114
- ↑ "AEEA (Activities of Exhibition and Education in Astronomy) 天文教育資訊網 2006 年 5 月 19 日". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 09 de outubro de 2013.