Enterococáceas
Enterococcaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Enterococcus faecalis. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Bavariicoccus |
As Enterococáceas (Enterococcaceae) son unha familia de bacterias grampositivas da orde Lactobacillales.[1]
O seu xénero tipo é Enterococcus, que son bacterias lácticas cuxa presenza é importante nos ecosistemas[2], os alimentos fermentados (queixos, salchichas) e na microbioloxía clínica. Son bacterias ubicuas cuxo hábitat preferido é o tracto gastrointestinal de animais[3].
Características bacteriolóxicas
[editar | editar a fonte]As Enterococcaceae é unha familia bacteriana que presenta as seguintes características:[4].
- Cocos
- Grampositivos
- Anaerobios estritos ou facultativos, microaerófilos
- Quimioheterótrofos
- Catalase negativos (carecen de catalase)
Lista de xéneros
[editar | editar a fonte]A familia Enterococcaceae está actualmente delimitada sobre a base de análises filoxenéticas da secuencia do ARNr 16S[4]. Segundo o NCBI (19 de maio de 2013) ou Euzéby consta dos seguintes xéneros:[5] :
- xénero Bavariicoccus
- xénero Catellicoccus
- xénero Enterococcus
- xénero Melissococcus
- xénero Pilibacter
- xénero Tetragenococcus
- xénero Vagococcus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ George M. Garrity; Vos, P.; Garrity, G.; Jones, D.; Krieg, N.R.; Ludwig, W.; Rainey, F.A.; Schleifer, K.-H.; Whitman, W.B. (September 15, 2009) [1984(Williams & Wilkins)]. The Firmicutes. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 3 (2nd ed.). New York: Springer. p. 1450. ISBN 978-0-387-95041-9. British Library no. GBA561951.
- ↑ Muruleedhara N. Byappanahalli, Meredith B. Nevers, Asja Korajkic, Zachery R. Staley, e Valerie J. Harwood. Enterococci in the Environment. Microbiol Mol Biol Rev. 2012 Dec; 76(4): 685–706. doi 10.1128/MMBR.00023-12 PMCID: PMC3510518 [1]
- ↑ Arthur C. Ouwehand, Sampo Lahtinen, Seppo Salminen (13 de decembro de 2011). CRC Press, ed. Lactic Acid Bacteria: Microbiological and Functional Aspects (en inglés). ISBN 1439836779.
- ↑ 4,0 4,1 David R. Boone, George M. Garrity, Richard W. Castenholz, Don J. Brenner, Noel R. Krieg, James T. Staley (2001). Springer, ed. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology: The Firmicutes (en inglés). ISBN 0387684891.
- ↑ "Euzéby". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Enterococcaceae J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature
- CatalogueofLife taxon [2]
- NCBI - 81852 Enterococcaceae