Enter Shikari
Aparencia
Enter Shikari | |
---|---|
Orixe | St Albans, Hertfordshire, Inglaterra |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, rock electrónico, post-hardcore, electronicore |
Selo(s) discográfico(s) | Ambush Reality, PIAS, SO Recordings |
Membros | Chris Batten Rou Reynolds Rob Rolfe Rory Clewlow |
Na rede | |
entershikari.com | |
Enter Shikari é unha banda inglesa de rock alternativo formada en St Albans, Hertfordshire no ano 1999 co nome Hybryd polo baixista Chris Batten, o vocalista e teclista Rou Reynolds e o batería Rob Rolfe. En 2003 uniuse o guitarrista Rory Clewlow para completar a formación e a banda adoptou o seu nome actual.[1] Ata a data a banda ten publicados seis álbums de estudio.[2]
Enter Shikari ten o seu propio selo discográfico, Ambush Reality. Porén, tamén asinaron contratos de distribución con varios grandes selos. O seu ecléctico estilo musical combina influencias de xéneros rock con varios xéneros da música electrónica.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Take to the Skies | 2007 | Ambush Reality |
Common Dreads | 2009 | Ambush Reality |
A Flash Flood of Colour | 2012 | Ambush Reality |
The Mindsweep | 2015 | Ambush Reality |
The Spark | 2017 | Ambush Reality, Play It Again Sam |
Nothing Is True & Everything Is Possible | 2020 | Ambush Reality, SO Recordings, Silva Screen Recording Limited |
A Kiss for the Whole World | 2023 | SO Recordings |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Enter Shikari | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-05-08.
- ↑ "Enter Shikari". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-05-08.