Enrique Macías Alonso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1958 Vigo, España |
Morte | 4 de novembro de 1995 (37 anos) Vigo, España |
Causa da morte | suicidio |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Enrique Xerardo Macías Alonso,[1][2][3] comunmente citado como Enrique X. Macías[4] ou máis simplemente como Enrique Macías[5], nado en Vigo o 18 de maio de 1958 e finado na mesma cidade o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Macías naceu na rúa Taboada Leal, no seo dunha familia de sete irmáns. A parte paterna é orixinaria da provincia de Ourense, mais o seu pai nacera en Vigo. A súa nai naceu na Arxentina, filla de emigrantes.[2] Cursou estudos no colexio dos Maristas e no Instituto Santa Irene. Non cursou estudos superiores. Militou nas xuventudes do Partido Comunista de Galicia.
Nos anos setenta entrou en contacto coas Xuventudes Musicais de Vigo, co seu director, Manuel Álvarez, e con Rogelio Groba Groba. Nesa mesma década entrou en contacto con Julián Hernández, con Rudesindo Soutelo e co colectivo musical Letrinae Musica.[3]
Introvertido e de formación autodidacta, mais con asistencia aos principais cursos de música contemporánea europeos, como os de Darmstadt, compuxo as súas primeiras obras a comezo da década dos anos setenta, para piano e percusións, sendo Poema de réquiem (1979), con texto de Celso Emilio Ferreiro, unha das súas primeiras pezas.[6]
As súas obras foron gravadas para Radio Galega, Radio Nacional de España e radios de Finlandia, Países Baixos, Francia e Bélxica e estreadas en encontros e festivais nacionais e internacionais de música contemporánea e noutros dedicados á composición experimental.[7]
Suicidouse con 37 anos de idade.[2][3]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa meticulosidade e nivel de exixencia levouno a destruír as composicións feitas antes de 1980, porén, e a pesar do seu prematuro pasamento, deixou un dilatado legado.[8]
|
|
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio da Tribuna Internacional Gaudeamus en 1981 por Polifonías I (1980-81).[6]
- Premio Cristóbal Halffter de Composición para Órgano en 1983 por Afónica (1983).[6]
- Premio da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982) en 1983 e por Adieux (1983) en 1984.[6]
- Premio do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España en 1984 por Nachtmusik III (1983).[6]
- Premio da Crítica Galicia de música en 1987.[9]
Leva o nome de Enrique X. Macías unha rúa peonil de Vigo, perpendicular á Avenida da Hispanidade, inaugurada sendo alcalde Carlos Príncipe.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Villar-Taboada, Carlos (2014). "Entre lo flexible y lo complejo: tiempo y percepción en Enrique X. Macías (1958-1995)". Quintana (en castelán) (USC) (13): 315–331. ISSN 1579-7414.Villar-Taboada&rft.date=2014&rft.genre=article&rft.issn=1579-7414&rft.issue=13&rft.jtitle=Quintana&rft.pages=315-331&rft_id=http://www.usc.es/revistas/index.php/quintana/article/download/1643/3083&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Macías, Javier (irmán de Enrique Xerardo) (9/11/2020). «Era una persona que necesitaba encontrar almas gemelas». mundoclasico.com (en castelán). Entrevista con Paco Yáñez.Mac�as, Javier (irmán de Enrique Xerardo)&rft.chron=9/11/2020&rft.genre=article&rft.jtitle=mundoclasico.com&rft_id=https://www.mundoclasico.com/articulo/33951/1-%C2%ABEra-una-persona-que-necesitaba-encontrar-almas-gemelas%C2%BB&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Yáñez, P. (2019). Enrique X. Macías: material-rizoma. VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo (en castelán). Lugo.Yáñez&rft.btitle=Enrique X. Mac�as: material-rizoma&rft.date=2019&rft.genre=conference&rft.place=Lugo&rft_id=https://www.youtube.com/watch?v=0NqouK9jiQE&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Ficha de "Macías, Enrique X. (1958-1995)" na páxina web da Biblioteca Nacional de España.
- ↑ Franco, Enrique (7/11/1995). "Enrique Macías, compositor". El País (en castelán).Franco&rft.chron=7/11/1995&rft.genre=article&rft.jtitle=El Pa�s&rft_id=https://elpais.com/diario/1995/11/07/agenda/815698801_850215.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Enciclopedia Galega Universal.
- ↑ "Macías, Enrique Xavier" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD.
- ↑ Mosquera, Javier (5/5/2013). "Vidas de calle. Enrique X. Macías Alonso. Uno de los grandes compositores…". Faro de Vigo (en castelán).Mosquera&rft.chron=5/5/2013&rft.genre=article&rft.jtitle=Faro de Vigo&rft_id=http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/05/05/enrique-x-macias-alonso-vigo-1958--1995/803690.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ "Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de abril de 2015.
- ↑ Situada en 42°13′37.05″N 8°43′35.13″O / 42.2269583, -8.7264250.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Yáñez, P.: Conferencia sobre Enrique X. Macías de Paco Yáñez, 2019 | |
Enrique X. Macías. A lira do deserto: avance do documental |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Macías Alonso, Enrique X.". Diccionario enciclopédico galego universal 39. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 93. ISBN 84-7680-429-6.
- "Macías Alonso, Enrique X.". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 265.
- "Macías Alonso, Enrique X.". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 321. ISBN 84-7680-288-9.
- Carreira Antelo, Xoán Manuel; Balboa Rodríguez, Manuel (1979). 150 anos de música galega. Xunta de Galicia. pp. 53–56.Balboa Rodr�guez, Manuel&rft.aufirst=Xoán Manuel&rft.aulast=Carreira Antelo&rft.btitle=150 anos de música galega&rft.date=1979&rft.genre=book&rft.pages=53-56&rft.pub=Xunta de Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. VG 955-2010.Giráldez Lomba&rft.btitle=200 memorias de Vigo&rft.date=2010&rft.genre=book&rft.pub=Caixanova, ''Faro de Vigo'' e Alcald�a de Vigo&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Maño, Carlos, ed. (2010). 2 mentes 1 pulso. Deputación Provincial de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-331-9. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 02 de decembro de 2020.