Enrique Otero Aenlle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1913 Ribadeo, España |
Morte | 31 de marzo de 1992 (78 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Salamanca | |
1961 – 1968 | |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
1957 – 1961 | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1949 – 1957 ← Joaquín Sarmiento Garra – Ángel Porto Anido ⊟ | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, químico, farmacéutico |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid Universidade de París 8 Universidade de Santiago de Compostela Instituto Pasteur Consello Superior de Investigacións Científicas Universidade de Barcelona |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
Membro de | |
Premios | |
Enrique Otero Aenlle, nado en Ribadeo o 20 de outubro de 1913 e finado en Madrid o 31 de marzo de 1992, foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1934) e en Ciencias Químicas en Santiago e Madrid (1940). En 1941 doutorouse en Farmacia e en 1946 obtivo a praza de catedrático de Técnica Física e Fisicoquímica da Facultade de Farmacia da USC, para pasar despois ás universidades de Barcelona e Madrid, onde foi director do Departamento de Fisicoquímica e Técnicas Instrumentais da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense (1969-1983). Investigador do Padroado Juan de la Cierva do CSIC. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela en 1949. Foi gobernador civil de Lugo (1957-1961) e Salamanca (1961-1968), e deputado provincial da Coruña (1964-1968).
Predecesor: Joaquín Sarmiento Garra |
Alcalde de Santiago 1949 - 1957 |
Sucesor: Ángel Porto Anido |
Obras
[editar | editar a fonte]- Estudios oceanográficos de la ría de Vigo, 1941.
- Estudios acerca de algunos aceites de animales marinos, 1943.
- Análisis de grasas, ceras y sus mezclas comerciales, 1945.
- Introducción al estudio de la físico-química, 1950, Porto y Cía. Editores.
- Sanidad y desarrollo, 1963.
- Orden y estabilidad en los sistemas biológicos, 1973.
- Perspectivas biofísicas en medicina, ecología y sociología, 1976.
- Momentos estelares del pensamiento científico, 1978.