Saltar ao contido

Enrique Nóvoa López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Nóvoa López
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
2009 – 2016
Alcalde de Ourense
2007 – 2007
← Manuel CabezasFrancisco Rodríguez Fernández ⊟ Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Enrique Nóvoa López, coñecido popularmente como Poly, nado en Cudeiro (Ourense) en 1953, é un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Electricista de profesión e propietario dunha empresa de montaxes eléctricas entre outras,[1] foi elixido concelleiro en Ourense polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995 na candidatura de Manuel Cabezas, sendo sucesivamente Concelleiro de Perímetro Rural, Medio Ambiente e Urbanismo baixo o seu mandato. Logo da renuncia de Cabezas en febreiro de 2007 foi elixido alcalde[2] e encabezou a candidatura do PPdeG nas eleccións de maio dese mesmo ano, tralas cales lle cedeu o bastón de mando ao socialista Francisco Rodríguez. Continuou como concelleiro portavoz do grupo municipal do PPdeG, exercendo como deputado provincial e vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. En decembro de 2007 foi elixido presidente local do PP en Ourense. En 2009, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, foi elixido deputado pola circunscrición de Ourense.

No Congreso provincial do partido en xaneiro de 2010 apoiou a candidatura de Juan Manuel Jiménez Morán en detrimento da de José Manuel Baltar (ao cabo vencedor). En maio de dese mesmo ano a dirección provincial encabezada por Baltar designou a Rosendo Fernández candidato a alcaldía na súa substitución. En decembro dese ano renunciou como presidente local do PP, e abandonou o concello tralas eleccións municipais de maio de 2011. Continuou como deputado no Parlamento de Galicia, volvendo a ser escollido nas eleccións autonómicas de 2012. Permaneceu como deputado ata o final da lexislatura en 2016.

En maio de 2019 apoiou nun mitin o candidato de Ciudadanos á alcaldía de Ourense Pepe Araújo, o cal formara parte do Grupo Municipal do PP xunto a el en varios mandatos[3].


Predecesor:
Manuel Cabezas
 
Alcalde de Ourense
 
2007
Sucesor:
Francisco Rodríguez
  1. Cristina Huete (16 de marzo de 2007). "Del taller eléctrico al sector inmobiliario". El País (en castelán). 
  2. Manu R. Fuentes (3 de febreiro de 2007). "Cabezas deja la alcaldía de Ourense mientras el PP arropa a su sucesor". El País (en castelán). 
  3. "Lo que el PP unió Ciudadanos no lo separó". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]