Saltar ao contido

Enrique Heraclio Botana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Heraclio Botana

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Enrique Heraclio Botana Pérez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1871 Editar o valor en Wikidata
Mourente, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Cemiterio de Pereiró, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, sindicalista, impresor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: botana-enrique-heraclio-1871-1936 Nomes e Voces: 4928

Enrique Heraclio Botana Pérez, nado en Mourente (Pontevedra)[1] o 4 de decembro de 1871 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un dirixente socialista galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era medio irmán de Manuel Portela Valladares. Traballou como tipógrafo en Vigo, sendo un dos fundadores da UXT nesa cidade. Foi elixido presidente da Agrupación Socialista de Vigo, director do diario Solidaridad dende 1901, e organizador da folga de tipógrafos de 1905.

Heraclio Botana, traballando no seu despacho da Casa do Pobo de Vigo.

En 1913 foi elixido concelleiro en Vigo polo PSOE. Presidente da Casa do Pobo da cidade, en 1931 foi un dos políticos e sindicalistas que proclamou a Segunda República en Vigo. Pouco despois, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Defendeu a alianza dos socialistas cos sectores republicanos, se ben a radicalización do seu partido e a revolución de 1934 apartárono da política.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Vigo, onde formaba parte do comité da Fronte Popular, e foi arrestado polos sublevados xunto a outros dirixentes de esquerda da cidade[3]. Foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado o 20 de agosto no camposanto de Pereiró xunto a outras personalidades como o alcalde Emilio Martínez Garrido ou os deputados Antonio Bilbatúa Zubeldía e Ignacio Seoane Fernández[4].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. La UGT de Vigo. Una aproximación histórica, de Antonio Manuel Chaves Cuiñas, editado pola Fundación Luis Tilve (1998), ISBN 84-921045-8-9. «Na cidade de Pontevedra ─contrariamente ao escrito por moitos ata a data─ nacía o 4 de decembro de 1871 Enrique Heraclio Botana [...]» (traducido do castelán). Aparece unha imaxe da acta de nacemento.
  2. Mosquera, Javier: "Líder socialista y fundador de la UGT en Vigo" Faro de Vigo, 2/6/2013 (en castelán).
  3. Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
  4. Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]