Enric Rabassa
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1920 Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 29 de decembro de 1980 (60 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Josep Enric Rabassa Llompart, nado en Barcelona o 19 de abril de 1920 e finado o 29 de decembro de 1980, foi un adestrador de fútbol español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1960 adestrou o FC Barcelona nas eliminatorias que disputou en Copa do Xeneralísmo e Copa de Feiras cando era adestrador do CD Condal. O técnico principal do club catalán era Helenio Herrera.
Na tempada 1961–62 fíxose cargo do CD Tenerife na xornada 20, sendo o terceiro adestrador do equipo esa campaña e sen conseguir evitar o descenso como último clasificado.
Na tempada 1962–63 foi contratado polo Deportivo da Coruña, mais foi destituído na xornada 10 tras obter 6 derrotas, 3 vitorias e 1 empate, sendo substituído por Rodrigo García Vizoso.
Na campaña 1963–64 adestrou o CE L'Hospitalet, en Segunda División.