Encoro de Ilısu
Tipo | barragem de aterro (pt) central hidroeléctrica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Ilısu | ||||
Situado na entidade xeográfica | Río Tigris | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Mardin, Turquía (pt) e Şırnak, Turquía (pt) | ||||
| |||||
Características | |||||
Dimensións | 135 () × 1.820 () m | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 2006 | ||||
Actividade | |||||
Uso | hidroelectricidade | ||||
O encoro de Ilısu é un encoro de coieira con pantalla de formigón sobre o Tigris, próximo á aldea de Ilısu e entre os límites da provincia de Mardin coa de Şırnak en Turquía. É unha das 22 presas do Proxecto do Sueste de Anatolia e o seu propósito é a produción de enerxía hidroeléctrica, o control de alagamentos e mais o almacenamento de auga. Cando estea operativa, a presa suportará unha estación hidroeléctrica de 1.200 MW e formará un pantano de 10.4 mil millóns de m3. A súa construción principiou en 2006 e o remate estaba previsto para 2016[1][2]. O encoro suscitou controversia internacional [3] xa que alagará parte da antiga vila Hasankeyf, rica en tesouros arqueolóxicos, e vai precisar a recolocación dos habitantes da rexión. Por estes motivos perdeu o financiamento internacional en 2009[4]. O PKK kurdo atacou a infraestrutura asociada coa súa construción, o que levou á dilación da construción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ilısu Project Target 2014". Haberler. 17 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 03 de xuño de 2018.
- ↑ Gusten, Susanne (30 de marzo de 2011). "Court Case Could Slow Turkish Dam Project". New York Times.
- ↑ "Naufrage annoncé sur les eaux du Tigre turc", Le Figaro, 3 de xuño de 2016
- ↑ "Governments withdraw financial support for Ilisu dam in Turkey", Amnesty International, 7 de xuño de 2009