Saltar ao contido

Enclave de Treviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEnclave de Treviño
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′N 2°42′O / 42.7, -2.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor en Wikidata
Exclave deCastela e León Editar o valor en Wikidata
Enclave enÁraba Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie279,58 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude552 m Editar o valor en Wikidata

O enclave de Treviño é un territorio burgalés rodeado por terras da provincia vasca de Áraba, no norte de España. Sitúase na Comarca do Ebro da provincia de Burgos en Castela e León. Forma parte do partido xudicial de Miranda de Ebro.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O enclave está formado por dous municipios, Condado de Treviño, con 260,71 km² e cunha poboación de 1.432 habitantes (INE 2009), e La Puebla de Arganzón, con 18,87 km² e 529 habitantes. En total o enclave abarca 279,58 km² e ten unha poboación de 1.961 habitantes.