Saltar ao contido

Enchentes en España en 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Informe situacional do Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias.

As enchentes en España en 2024, tamén coñecidas como gota fría, DINA de 2024 en España ou DINA de Valencia,[1][2] son as denominacións outorgadas á gota fría ou DINA que comezou o 29 de outubro de 2024 en España. A tormenta, designada meteorolóxicamente como sistema convectivo de mesoescala,[3] provocou chuvias torrenciais que acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu o desbordamento de varios ríos e barrancos na vertente mediterránea e unha serie de enchentes lóstrego que foron especialmente catastróficas na provincia de Valencia.[4][5] Segundo datos do 25 de novembro de 2024, a cifra provisional de falecidos ascende a cando menos 229 persoas, das cales 221 foron na provincia de Valencia, 7 Castela-A Mancha e 1 en Andalucía.[6][7][8][9][10][11][12][13] ademais de numerosos danos materiais, polo que se considera unha das peores catástrofes naturais na historia de España tralas riadas do Vallès Occidental de 1962.[14][15]

A DINA tamén afectou con menor intensidade as provincias de Albacete, Cuenca, Almería, Málaga, Córdoba, Sevilla, Huelva, Cádiz, Zaragoza e Teruel.[16][17][18] O novo leito do río Turia, construído en execución do denominado Plan Sur trala gran riada de 1957, evitou que a cidade de Valencia ficase anegada, conseguindo canalizar con éxito toda a auga cara ao mar sen rebordar. Porén, as localidades situadas ao sur da capital víronse asolagadas polo desbordamento da rambla do Poio, así como a causa de que ao ser zonas altamente urbanizadas se xerase nalgunhas delas un efecto funil que impediu desaugar os torrentes cara a lagoa da Albufeira.[19][20][21] As chuvias acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu enchentes lóstrego.[22][23] Todas as localidades da comarca da Horta Sud resultaron anegadas, así como boa parte das do Camp de Túria e Plana d'Utiel.[24]

Concellos afectados

[editar | editar a fonte]
Efectos da DINA en Catarroja.
Barranco do Poio en Catarroja despois da DINA.
  1. "As riadas máis mortais de Europa neste século superan xa as 200 vítimas en València". Praza.gal. 1 de novembro de 2024. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  2. "Milleiros de persoas autoorganízanse en València e levan axuda ás vilas afectadas pola DINA". Nós Diario. 1 de novembro de 2024. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  3. "El tren de tormentas que se autoregeneró en el mismo lugar / abc.es". 
  4. Lorao, David (30 de outubro de 2024). "Se confirma la tragedia: al menos 62 muertos por la DANA en Valencia". Artículo 14 (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  5. "Lluvia "descomunal" en Valencia: más de 445 litros por metro cuadrado en Chiva". Heraldo de Aragón (en castelán). 30 de outubro de 2024. Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  6. "Última actualización 25 de novembro de 2024 ás 12:00 horas.". La Moncloa (en castelán). 25 de novembro de 2024; 12:00h. Consultado o 25 de novembro de 2024. 
  7. "Ascende a 214 o número de persoas falecidas pola DINA, 210 delas no País Valencià". Nós Diario. 3 de novembro de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  8. "A DINA deixa polo menos 211 mortes e un número aínda incerto de desaparicións". Nós Diario. 2 de novembro de 2024. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  9. "Son xa 207 os falecidos e uns 250 desaparecidos pola DINA". g24.gal. 1 de novembro de 2024. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  10. "Aumentan a 205 las víctimas mortales por el paso de la DANA". Público (en castelán). 1 de novembro de 2024. Consultado o 1 de novembro de 2024. 
  11. "Dana: Trece fallecidos en las pedanías de La Torre y Castellar". EFE Noticias (en castelán). 31 de outubro de 2024. Consultado o 31 de outubro de 2024. 
  12. "Número de muertos en Valencia y España por la DANA: última hora de los fallecidos y los desaparecidos por el temporal". Mundo Deportivo (en castelán). 31 de outubro de 2024. Consultado o 31 de outubro de 2024. 
  13. Marco, Lucas (1 de novembro de 2024). "El acta de la reunión de crisis entre Mazón y Marlaska: 1.900 desaparecidos provisionales y riesgo de colapso en hospitales de València". elDiario.es (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2024. 
  14. Fedriani, L. Gómez /I (29 de outubro de 2024). "Graves inundaciones por la DANA, en directo | Mazón confirma la localización de un número indeterminado de cadáveres en zonas inundadas". RTVE.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2024. 
  15. H, M. (30 de outubro de 2024). "La DANA se consolida como uno de los desastres naturales más devastadores en la historia de España". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2024. 
  16. "Última hora de la DANA en Sevilla, Huelva, Málaga y Cádiz, en directo: inundaciones y carreteras cortadas por las lluvias en Andalucía". Diario ABC (en castelán). 30 de outubro de 2024. Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  17. "La dana azota la costa mediterránea: Varios muertos en Valencia y al menos seis desaparecidos en Albacete por las inundaciones". Faro de Vigo (en castelán). 29 de outubro de 2024. Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  18. Aragón, Heraldo de (30 de outubro de 2024). "Última hora de la DANA en Aragón, en directo: inundaciones en Teruel y Zaragoza". heraldo.es (en castelán). Consultado o 30 de oubro de 2024. 
  19. Torres, Andoni (30 de outubro de 2024). "Así está el nuevo cauce del Turia a su paso por Valencia: una imagen nunca vista". Las Provincias (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  20. Torres, Andoni (31 de outubro de 2024). "El efecto embudo y el brutal caudal de la rambla del Poyo, claves en el desastre". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2024. 
  21. "EEl efecto embudo y el brutal caudal de la rambla del Poyo, claves en el desastre". Levante-EMV (en castelán). 31 de outubro de 2024. Consultado o 31 de outubro de 2024. 
  22. Lorao, David (30 de outubro de 2024). "Se confirma la tragedia: al menos 62 muertos por la DANA en Valencia". Artículo 14 (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  23. "Lluvia "descomunal" en Valencia: más de 445 litros por metro cuadrado en Chiva". Heraldo de Aragón (en castelán). 30 de outubro de 2024. Consultado o 30 de outubro de 2024. 
  24. Maroto, David (30 de outubro de 2024). "Riada en València: La alarma sonó demasiado tarde". Levante-EMV (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]