Saltar ao contido

Empaste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radiografía dun empaste.

En odontoloxía, utilízase o termo obturación dental para definir o que comunmente se coñece como «empastar» e que consiste en limpar a cavidade resultante dunha carie para logo enchela con algún material. Este proceso rehabilita así a anatomía dental para unha apropiada estética, función, mastigación e oclusión dos dentes cos seus antagonistas e consegue unha boa selaxe que impide que volva producirse a lesión cariosa. Cando se realizan obturacións complexas, o proceso chámase reconstrución dental.

Materiais de obturación

[editar | editar a fonte]

As máis comúns son as resinas compostas, a amálgama, o ouro cohesivo (en desuso), os ionómeros de vidro, os compómeros e os cementos dentais como o hidróxido de calcio, oxifosfato de zinc e eugenol. O que normalmente se coñece como «empaste» hoxe en día adoita estar realizado con resinas compostas ou, anteriormente, con amálgama de prata. Esta última caeu en desuso debido principalmente á súa falta de estética e á súa suposta toxicidade a cal non está recoñecida pola ADA (Asociación Dental Americana) nin por practicamente a totalidade de comunidades dentais do mundo; o resto son para obturacións temporais, mentres se acaba ou desenvolve un tratamento, xeralmente en endodoncia.

Actualmente existen investigacións en curso que poderían revolucionar o campo da odontoloxía. Trátase de empastes baseados en hidroxiapatita, o material natural do dente e que prometen unha reparación perfecta dos dentes danados, substituíndo o material perdido por outro quimicamente idéntico ao natural. Os ensaios científicos demostran que os materiais sinténticos usados hoxe día son tóxicos en maior ou menor medida, por iso a grande importancia de conseguir materiais de reparación que se parezan o máis posible aos naturais.