Emilio Pita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1907 A Coruña, España |
Morte | 7 de decembro de 1981 (74 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritor, musicólogo |
Membro de | |
Emilio Pita Robelo,[1][2][3][4] en ocasións nomeado erroneamente como Emilio Pita Romero[5][6][7] ou mesmo Emilio Pita Romelo[8], máis comunmente coñecido simplemente como Emilio Pita[9][10][11][12][13][14], nado na Coruña o 15 de outubro de 1907[15] e finado en Buenos Aires o 7 de decembro de 1981, foi un poeta e musicólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con doce anos de idade emigrou a Buenos Aires. Comezou a traballar nunha casa comercial de Buenos Aires. Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e foi redactor xefe de Galicia.[16] Regresou a Galiza en maio de 1933,[17] tomando contacto co Partido Galeguista e co nacionalismo galego. Viviu en Galiza durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non volveu a visitar a terra natal.
Pita foi un autodidacta que chegou a posuír unha grande formación literaria e musical.
Na década de trinta comezou a colaborar con publicacións nacionalistas da propia Galiza, escribindo artigos para a revista Nós de Santiago e Yunque de Lugo.
En 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro poemario, con ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dun libro onde sobreasae por riba de todo a traxedia da guerra civil, e no que o poeta pon de manifesto a inxustiza da barbarie e do exilio. Igualmente, apreciamos a nostalxia da Galiza tal e como era antes do conflito bélico. Para algúns autores, Jacobusland constitúe o máis claro antecedente á poesía social.
Outros libros de versos son Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959), O ronsel verdegal (1964) e Serán (1974). En 1963 presentou o poemario Polos camiños do pobo ao premio Rosalía de Castro do Centro Galego de Buenos Aires, libro que sería editado postumamente en 1999. Con motivo da aparición do seu libro Os relembros. As cantigas, en 1959, fíxoselle unha homenaxe nos salóns do Centro Pontevedrés Bonaerense; alí estaban presentes diversas delegacións de centros galegos e interviron para falaren da figura e obra poética de Emilio Pita, Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.
Compuxo numerosos poemas, algúns dos cales aparecen recollidos no Cancioneiro da loita galega, editado en México en 1943 polo Partido Galeguista. Xunto con Lorenzo Varela e Luís Seoane, é un dos primeiros escritores do social-realismo poético galego.
Alén de poeta e xornalista, o escritor herculino foi tamén musicólogo, o cal influirá de cheo na súa creación en verso, a cal garda unha manifesta relación coa música. De feito, a música e as cántigas valéronlle en máis dun poema para evocar a infancia e o paraíso perdido. O seu amor pola música galega levouno a fundar o cuarteto Ultreya coa finalidade de difundir a música tradicional galega. Con anterioridade participara na dirección artística do coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932.
Membro correspondente da Real Academia Galega, escribiu a parte dedicada á música e danza da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, e foi autor dun traballo sobre música popular galega.
En 1981, Pita rematou os seus días en América do Sur. Non era verdadeiramente un exiliado, posto que se trata dun emigrante. Aínda así, o seu contacto cos exiliados era moi estreito, e colaborou desde o exterior coa causa do galeguismo.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]“ | Marcheime unha serán, nunha dorna de néboa. A pomba nunha man, bulía na ribeira. Soio partía eu. Soia ficaba a Terra. Sobre as roleiras vagas a bágoa dunha estrela.[14] |
” |
Os relembros, 1959. |
- Jacobusland (1942, Bos Aires), ilustrado por Castelao.
- Cantigas de nenos (1944, Bos Aires).
- Os relembros. As cantigas (1959, Editorial Citania, Bos Aires).
- Polos camiños do pobo (1963, reeditado en 1999 por Ediciós do Castro).
- O ronsel verdegal (1964, Colección Salnés, Editorial Galaxia).
- Serán (1974, Galaxia).
- Verbas á mocedade galega.
- Vieiros de brétema (2005, Espiral Maior).
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Cantiga do mazarico (2010, Espiral Maior).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Poemas pola memoria (1936-2006, Xunta de Galicia).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros correspondentes RAG.
- ↑ García López, Xosé Anxo (2009). "Lembranza do escritor Emilio Pita Robelo". Boletín da Real Academia Galega (370): 165–178. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 16 de abril de 2018.Garc�a López&rft.date=2009&rft.genre=article&rft.issue=370&rft.jtitle=Bolet�n da Real Academia Galega&rft.pages=165-178&rft_id=https://academia.gal/boletins#paxinas.do?id=3397&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ García López, José Ángel (2012). "Contribución de Emilio Pita á cultura galega en Galicia e en América" (PDF). Novas achegas ao estudo da cultura galega II. Universidade da Coruña. pp. 215–228. ISBN 978-84-9749-517-2.Garc�a López&rft.btitle=Novas achegas ao estudo da cultura galega II&rft.date=2012&rft.genre=bookitem&rft.isbn=978-84-9749-517-2&rft.pages=215-228&rft.pub=Universidade da Coruña&rft_id=http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/13265/CC-128_art_18.pdf?sequence=1&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ "El poeta, escritor y musicólogo gallego Emilio Pita Robelo falleció…". El País (en castelán). 9/12/1981.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 472. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ "Pita Romero, Emilio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 116-117.
- ↑ "Pita Romero, Emilio". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 471. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 341. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pages=341&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 99.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=99&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Gómez Costa, Antonio (2005). "Pita, Emilio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Antonio&rft.aulast=Gómez Costa&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 97–98. ISBN 84-7507-139-2.Xosé Luis&rft.aulast=Méndez Ferr�n&rft.btitle=De Pondal a Novoneyra&rft.genre=book&rft.isbn=84-7507-139-2&rft.pages=97-98&rft.pub=Edicións Xerais de Galicia&rft_id=http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2016/05/30/18/57158702.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Biblioteca Virtual Galega.
- ↑ Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 735. ISBN 84-7154-227-7.Carballo Calero&rft.btitle=Historia da literatura galega contemporánea&rft.date=1975&rft.genre=book&rft.isbn=84-7154-227-7&rft.pages=735&rft.pub=Galaxia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ 14,0 14,1 Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 244–245. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 16/04/2018.Queixas, M.&rft.aufirst=A.&rft.aulast=Gómez&rft.btitle=Historia xeral da literatura galega&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=84-95350-79-3&rft.pages=244-245&rft.pub=A Nosa Terra&rft_id=http://libreriaabrente.es/wp-content/uploads/2014/04/2774-thickbox_default-historia-xeral-da-literatura-galega-2774-e1469740709320.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ García López, Xosé Anxo (2009). "Lembranza do escritor Emilio Pita Robelo" (PDF). Boletín da Real Academia Galega (370): 165–178. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de abril de 2018.
A pesar de ser reiterado durante décadas por parte da crítica especializada o dez de outubro de 1909 como referencia máis fiable arredor da data de nacemento de Pita, [...], finalmente resultou ser unha apreciación errada. [...] mercé á nosa insistencia perante o funcionariado do Rexistro citado [...] finalmente foi posible localizar o documento que acredita o nacemento de Emilio Pita na data que indicamos no presente traballo (15 de outubro de 1907)
Garc�a López&rft.date=2009&rft.genre=article&rft.issn=1576-8767&rft.issue=370&rft.jtitle=Bolet�n da Real Academia Galega&rft.pages=165-178&rft_id=https://academia.gal/documents/10157/30509/BRAG_370.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988"> - ↑ El Correo Gallego, 14-7-1933, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-5-1933, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pita Romero, Emilio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 116-117.
- "Pita Romero, Emilio". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 471. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 99.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=99&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 341. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pages=341&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- García López, José Ángel (2006). Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita. Universidad de Murcia. ISBN 978-84-8371-622-9.Garc�a López, José Ángel&rft.btitle=Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita&rft.date=2006&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8371-622-9&rft.pub=Universidad de Murcia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- García López, Xosé Anxo (2009). "Lembranza do escritor Emilio Pita Robelo" (PDF). "Boletín da Real Academia Galega" (370): 165–178. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de abril de 2018.Garc�a López&rft.date=2009&rft.genre=article&rft.issn=1576-8767&rft.issue=370&rft.jtitle="Bolet�n da Real Academia Galega"&rft.pages=165-178&rft_id=https://academia.gal/documents/10157/30509/BRAG_370.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- García López, José Ángel (2012). "Contribución de Emilio Pita á cultura galega en Galicia e en América" (PDF). Novas achegas ao estudo da cultura galega II. UDC. pp. 215–228. ISBN 978-84-9749-517-2.Garc�a López&rft.btitle=Novas achegas ao estudo da cultura galega II&rft.date=2012&rft.genre=bookitem&rft.isbn=978-84-9749-517-2&rft.pages=215-228&rft.pub=UDC&rft_id=http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/13265/CC-128_art_18.pdf?sequence=1&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Gómez Costa, Antonio (2005). "Pita, Emilio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Gómez Costa&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 244–245. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 16/04/2018.Queixas, M.&rft.aufirst=A.&rft.aulast=Gómez&rft.btitle=Historia xeral da literatura galega&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=84-95350-79-3&rft.pages=244-245&rft.pub=A Nosa Terra&rft_id=http://libreriaabrente.es/wp-content/uploads/2014/04/2774-thickbox_default-historia-xeral-da-literatura-galega-2774-e1469740709320.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 97–98. ISBN 84-7507-139-2.Xosé Luis&rft.aulast=Méndez Ferr�n&rft.btitle=De Pondal a Novoneyra&rft.genre=book&rft.isbn=84-7507-139-2&rft.pages=97-98&rft.pub=Edicións Xerais de Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 472. ISBN 84-8288-019-5.
Poema de Serán (1974), recitado polo fillo: Alberto Pita |