Emiliano Insúa
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | Emiliano Adrián Insúa Zapata | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | (es) Emiliano AdriánInsúa Zapata 7 de xaneiro de 1989 (35 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,80 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga, 2. Bundesliga, Premier League e Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Emiliano Adrián Insúa Zapata, nado en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1989, é un exfutbolista arxentino, de orixe galega, que xogaba como lateral esquerdo e defensa central.
Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutou profesionalmente co Liverpool inglés con tan só 18 anos en 2007. Tras pasar polo Galatasaray e o Sporting de Portugal, fichou en 2013 polo Atlético de Madrid, club co que gañou unha liga, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España. Posteriormente xogou no Rayo Vallecano, o VfB Stuttgart e o Los Angeles Galaxy, antes de regresar en 2021 á Arxentina, para fichar xunto co seu irmán polo Aldovisi. Retirouse en 2023, despois dunha última etapa no Racing Club.[1]
Foi internacional coa selección arxentina en cinco ocasións. É irmán do tamén futbolista Emanuel Insúa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe e comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en Buenos Aires, sendo neto de emigrantes galegos, procedentes do concello de Carral e do lugar de Vilarbetote, no concello lucense de Trabada.[2] É irmán máis vello do tamén futbolista Emanuel Insúa. Comezou a xogar ao fútbol no modesto Pinocho, pasando logo ao Club Parque.
Boca Juniors
[editar | editar a fonte]Sendo aínda neno, entrou nas categorías inferiores do Boca Juniors e no 2007 foi cedido ao Liverpool inglés, nun principio por un período de 18 meses. Máis tarde, o Liverpool FC e o Boca Juniors chegaron a un acordo para cambiar a metade do seu pase polo de Gabriel Paletta, que deste xeito regresou ao club arxentino.
Liverpool
[editar | editar a fonte]O 28 de abril de 2007 debutou na Premier League, da man do adestrador española Rafa Benítez, nun partido contra o Portsmouth en Fratton Park. Durante os seus dous primeiros anos xogou principalmente co equipo reserva co que se proclamou campión da Premier Reserve League en 2008. Anotou o seu único gol co primeiro equipo o 28 de outubro de 2009 ante o Arsenal no Emirates Stadium. Disputou un total de 62 encontros co Liverpool en catro tempadas, seis deles na Liga de Campións.
Cesión ao Galatasaray
[editar | editar a fonte]En agosto de 2010 foi cedido ao Galatasaray, da Süper Lig turca.[3] En Turquía disputou 19 encontros, 14 deles como titular.
Sporting de Portugal
[editar | editar a fonte]En agosto de 2011 foi traspasado ao Sporting de Lisboa, onde asinou un contrato por cinco tempadas.[4] Debutou co club portugués o 15 de setembro na Europa League, marcando o primeiro gol da vitoria por 2-0 sobre o FC Zürich. Militou unha tempada e media no club lisboeta, xogando 66 partidos e marcando 6 goles.
Atlético de Madrid
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2013 foi traspasado ao Atlético de Madrid por 3.500.000 €.[5][6] O 14 de abril produciuse o seu debut co club do Manzanares na vitoria por cinco a cero ante o Granada correspondente á trixésimo primeira xornada de Liga. Insua saltou ao campo no minuto 71 substituíndo ao brasileiro Filipe Luís.[7] O 17 de maio, o Atlético de Madrid disputou a final da Copa do Rei ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu. A pesar de non xogar ningún partido da competición, Insua foi convocado e puido ver desde o banco como o seu equipo derrotaba na prórroga por 2-1 ao seu rival, proclamándose así campión da competición.
Na tempada 2013/14 continuou como suplente de Filipe Luís, e disputou seis partidos de liga, competición na que o Atlético de Madrid acabou proclamándose campión na última xornada. Ademais, durante esa tempada disputou os seus primeiros partidos coa camiseta do Atlético de Madrid na Copa de Rei e na Liga de Campións, rematando subcampión desta última.
Ao comezo da tempada 2014-15 o equipo proclamouse campión da Supercopa de España aínda que Insúa non foi convocado.[8]
Cesión ao Rayo Vallecano
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro fíxose oficial a súa cesión ao Rayo Vallecano por unha tempada.[9] Debutou co seu novo club na terceira xornada da liga de Primeira División, nunha derrota por 1-3 ante o Elche. Marcou o seu primeiro e único gol para o equipo vallecano na xornada 35, contra o Espanyol en Cornellà. Xogou un total de 24 partidos co equipo de Paco Jémez, 21 deles como titular, rematando a tempada na undécima posición.
VfB Stuttgart
[editar | editar a fonte]En xullo de 2015 deixou o Atlético e fichou polo VfB Stuttgart.[10][11] Debutou co equipo alemán o 8 de agosto na primeira rolda da Copa de Alemaña fronte ao Holstein Kiel, partido que acabou con vitoria por 1-2. Oito días despois debutou na Bundesliga, na derrota por 1-3 contra o Köln. Disputou 33 encontros na súa primeira tempada na Bundesliga, na que o club acabou descendendo á 2. Bundesliga. Con todo, proclamouse campión da segunda división na campaña seguinte, na que participou en 34 encontros, volvendo así á máxima categoría. Xogou no club alemán ata xaneiro de 2020, disputando un total de 135 partidos, con 3 goles e 14 asistencias.
Los Angeles Galaxy
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2020 foi traspasado ao Los Angeles Galaxy, da MLS,[12] co que disputou 22 encontros durante o ano.
Aldosivi
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2021 regresou á Arxentina, fichando polo Aldosivi de Mar del Plata. Foi presentado xunto co seu irmán Emanuel, coincidindo ambos no mesmo equipo por primeira vez.[13][14] Disputou 20 encontros co equipo na Liga Profesional e 5 na Copa da Liga.
Racing
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2022 asinou como novo xogador do Racing Club. Militou dous anos no club de Avellaneda, co que disputou 61 partidos oficiais, gañando un Trofeo de Campións e participando tanto na Copa Suramericana como na Libertadores. Ao remate da tempada 2023 anunciou a súa retirada do fútbol.[15]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección arxentina e proclamouse campión do mundo no Mundial sub-20 disputado no Canadá en 2007.
O 10 de outubro de 2009 debutou coa selección arxentina absoluta, da man do seleccionador Diego Armando Maradona. Foi nunha vitoria por 2-1 contra o Perú nun partido de clasificación para o Mundial de 2010. Disputou un total de catro partidos entre 2009 e 2011. En 2017, despois de anos de ausencia, foi de novo convocado polo seleccionador Jorge Sampaoli para dous amigables contra Nixeria e Rusia, tras lesionarse Lucas Biglia.[16]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liverpool
- Premier Reserve League (1): 2008.
- Atlético de Madrid
- Primeira división de España (1): 2013/14.
- Copa do Rei (1): 2012/13.
- Supercopa de España (1): 2014.
- VfB Stuttgart
- 2. Bundesliga (1): 2016/17.
- Racing Club
- Trofeo de Campións (1): 2022.
- Arxentina sub-20
- Copa do Mundo sub-20 (1): 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "LA Galaxy sign defender Emiliano Insúa" (en inglés). Los Angeles Galaxy. 2 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2020.
- ↑ Barreiros, Pedro J. (31 de xullo de 2017). "«Si me invitan, estaría encantado de acudir con la selección gallega»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Emiliano Insúa cedido al Galatasaray" (en castelán). 31 de agosto de 2010. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "El Liverpool confirma el traspaso de Emiliano Insúa al Sporting de Lisboa". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Bruña, Manuel (25 de xaneiro de 2013). "El Atlético ficha a Emiliano Insúa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Emiliano Insúa ya es nuevo jugador del Atlético de Madrid" (en castelán). 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Atlético - Granada 2013". BDFutbol (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ Pérez, A. R. (19 de agosto de 2014). "Simeone deja fuera de la Supercopa a Alderweireld, Insúa, Baptistao y Gámez" (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Insua jugará cedido en el Rayo lo que resta de campaña". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ "Emiliano Insua verstärkt den VfB". VfB Stuttgart (en alemán). 11 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Insúa ficha por el Stuttgart hasta 2018" (en castelán). 11 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Emiliano Insúa, nuevo jugador del Galaxy de Los Angeles". Marca (en castelán). 2 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los Insúa en Aldosivi: “Gracias por hacer este sueño realidad”" (en castelán). 18 de febreiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los hermanos Insúa: fútbol, Gago y chicanas" (en castelán). 25 de marzo de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Emiliano Insúa habló de su retiro en Racing: "Si no puedo dar el cien, prefiero no seguir"" (en castelán). 21 de agosto de 2024. Consultado o 21 de agosto de 2024.
- ↑ "Emiliano Insúa, citado a la Selección" (en castelán). 31 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1989
- Arxentinos de ascendencia galega
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do Liverpool FC
- Xogadores do Galatasaray SK
- Xogadores do Sporting Clube de Portugal
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do VfB Stuttgart
- Xogadores do Los Angeles Galaxy
- Xogadores do CA Aldosivi
- Xogadores do Racing Club de Avellaneda