Saltar ao contido

Emil Staiger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmil Staiger
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Kreuzlingen, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 1987 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Horgen, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery Witikon (en) Traducir, 39 8 81166 Editar o valor en Wikidata
RelixiónReformed (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich
Universidade de Xenebra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da literatura, profesor universitario, filósofo, escritor, pedagogo, xermanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zürich Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoUrs Orland von Planta (en) Traducir, Elmar Heimgartner (en) Traducir, Gabriel Peterli (en) Traducir e Peter Wolf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Premios

Emil Staiger, nado en Kreuzlingen o 8 de febreiro do 1908 e finado en Horgen o 28 de abril do 1987, foi un historiador suízo, escritor, xermanista e catedrático da Universidade de Zürich.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emil Staiger estudou Teoloxía e, despois, Alemán e Filoloxía Clásica nas Universidades de Xenebra, Zürich e Múnic. Doutorouse pola Universidade de Zürich no 1932 cunha tese sobre Annette von Droste-Hülshoff (Annette von Droste-Hülshoff, 1933). Entre o 1932 e o 1934 foi membro da Fronte Nacional (Suíza), da que se distanciou publicamente no 1935. No 1934, rematou os seus estudos en Zürich, escribindo unha tese sobre Schelling, Hegel e Hölderlin, titulada Der Geist der Liebe und das Schicksal. Schelling, Hegel und Hölderlin ("O espírito do amor e o destino: Schelling, Hegel e Hölderlin", 1935). Nese mesmo ano, converteuse en Privatdozent de Literatura Alemá nesa mesma institución.[2]

A importancia de Staiger no campo da filoloxía alemá radica nas súas obras Die Zeit als Einbildkraft des Dichters ("O tempo coma imaxinación do poeta", 1939), Grundbegriffe der Poetik ("Conceptos básicos de poética", 1946), Die Kunst der Interpretation. Studien zur deutschen Literaturgeschichte ("A arte da interpretación: estudos sobre a historia da literatura alemá", 1995), así coma os tres volumes do seu Goethe (1952-1959).[3][4][5]

O estilo da crítica literaria de Staiger opúxose aos conceptos extraliterarios do positivismo, a historia das ideas, a socioloxía ou a psicanálise.[6] Ao contrario, consideraba necesario concentrarse nos textos literarios en si mesmos: "as palabras do poeta, a palabra pola palabra, é válida en si mesma, sen nada detrás, embaixo ou ao seu redor".[6] Este método de interpretación influenciou o estilo distintivo dos estudos literarios alemáns.[4]

O seu pensamento estivo influenciado pola filosofía de Martin Heidegger, incluso no seu emprego da linguaxe. En concreto, Staiger incorporou o concepto existencial do tempo de Heidegger na súa visión da hermenéutica. Non obstante, tamén tiveron diverxencias, sobre todo na interpretación da poesía de Eduard Mörike.[4]

Influencia

[editar | editar a fonte]

Staiger foi un recoñecido tradutor ao alemán de autores clásicos e modernos, entre os que se atopan Esquilo, Sófocles, Eurípides, Virxilio, Tasso, Poliziano ou Milton. Como crítico dramático e musical influenciou a vida cultural de Zürich durante décadas, escribindo columnas para o xornal Neue Zürcher Zeitung.[7][8]

Foi titor e profesor do hermeneuta Péter Szondi.[9][10]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Annette von Droste-Hülshoff. Diss. 1933
  • Der Geist der Liebe und das Schicksal. Schelling, Hegel und Hölderlin ("O espírito do amor e o destino", 1935).
  • Die Zeit als Einbildungskraft des Dichters. Untersuchungen zu Gedichten von Brentano, Goethe und Keller ("O tempo coma imaxinación do poeta: estudos sobre os poemas de Brentano, Goethe e Keller", 1939).
  • Adalbert Stifter als Dichter der Ehrfurcht ("Adalbert Stifter como poeta do asombro", 1943).
  • Meisterwerke deutscher Sprache aus dem 19. Jahrhundert ("Obras mestras en lingua alemá do século XIX", 1943).
  • Grundbegriffe der Poetik ("Conceptos básicos da poética", 1946).
  • Musik und Dichtung ("Música e poesía", 1947).
  • Goethe (1952-1959, 3 vols.).
  • Die Kunst der Interpretation. Studien zur deutschen Literaturgeschichte ("A arte da interpretación: estudos sobre a historia da literatura alemá", 1955)
  • Stilwandel. Studien zur Vorgeschichte der Goethezeit ("Cambio de estilo: estudos sobre os tempos anteriores a Goethe", 1963).
  • Geist und Zeitgeist ("O espírito e o espírito da época", 1964).
  • Friedrich Schiller (1967).
  • Spätzeit. Studien zur deutschen Literatur ("O remate: estudos sobre a literatura alemá", 1973).
  • Gipfel der Zeit. Studien zur Weltliteratur. Sophokles, Horaz, Shakespeare, Manzoni ("O cumio do tempo: estudos sobre literatura universal (Sófocles, Horacio, Shakespeare, Manzoni)", 1979).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Conceptos fundamentales de poética (1966). Tradución ao castelán e estudo preliminar de Jaime Ferreiro Alemparte. Rialp.[13]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Staiger, Emil". Historical Dictionary of Switzerland (en alemán). Consultado o 23/01/2024. 
  2. Wögerbauer, Werner (2012-10-25). Emil Staiger (1908–1987) (en alemán). De Gruyter. pp. 239–249. ISBN 978-3-11-080726-4. doi:10.1515/9783110807264.239/html. 
  3. "Basic Concepts of Poetics By Emil Staiger, Edited by Marianne Burkhard, Luanne T. Frank, and Translated by Janette C. Hudson". www.psupress.org. Consultado o 2024-01-23. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Staiger, Emil; Spitzer, Leo; Lang, Berel; Ebel, Christine (1990). "A 1951 Dialogue on Interpretation: Emil Staiger, Martin Heidegger, Leo Spitzer". PMLA 105 (3): 409–435. ISSN 0030-8129. doi:10.2307/462892. 
  5. Willoughby, L. A. (1956-04). "Emil Staiger, Goethe 1749-1786: Band I. Zürich: Atlantis, 1952. Pp. 467.". The Germanic Review: Literature, Culture, Theory (en inglés) 31 (2): 149–153. ISSN 0016-8890. doi:10.1080/19306962.1956.11786839. 
  6. 6,0 6,1 Staiger, Emil (1955). Die Kunst der Interpretation: Studien zur deutschen Literaturgeschichte (en alemán). Atlantis Verlag. 
  7. "Emil Staiger, Vor- und Feindbild". Neue Zürcher Zeitung (en alemán). 2010-07-08. ISSN 0376-6829. Consultado o 2024-01-23. 
  8. Matt, Von Peter von (2008-02-08). "Hingerissen und erbittert". Neue Zürcher Zeitung (en alemán). ISSN 0376-6829. Consultado o 2024-01-23. 
  9. "Gang dur Alt-Züri: Der Szondiweg". www.alt-zueri.ch. Consultado o 2024-01-23. 
  10. Zeitung, Süddeutsche (2020-06-03). "Die Gesellschaft im Elfenbeinturm". Süddeutsche.de (en alemán). Consultado o 2024-01-23. 
  11. Mehlin, Hans (2020-04-01). "Nomination archive - ". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2024-01-23. 
  12. "Professor Dr Emil Staiger FBA". The British Academy (en inglés). Consultado o 2024-01-23. 
  13. "Conceptos fundamentales de poética". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2024-01-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]