Elvira Santiso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 Betanzos, España |
Morte | 9 de outubro de 1961 (88/89 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Elvira Santiso García, nada en Betanzos en 1872 e finada en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1961,[1] foi unha pintora e mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moi nova marchou coa súa familia a Compostela, onde viviu ata a súa morte. Formouse na Escola da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, con profesores como José María Fenollera e Mariano Tito Vázquez. Traballou como mestre particular na sociedade da que fora alumna e fixo traballos por encarga.[2]
Algúns dos títulos dos seus cadros son: A ceboleira, Ao carón do lar, Botando un cigarro, Carmeliña, Claustro del Sar, La bordadora, La cena del campanero, Mondando patatas, No muíño, O pé do cruceiro, O tío Xan e Oración.[3]
Fixo exposicións en diferentes certames, en Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol ou Vilagarcía de Arousa, mais tamén fóra do país, en Madrid, Bos Aires ou Montevideo.
Hai obras súas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo[5] e no Castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda, Cádiz.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- No curso 1888-1889 conseguiu unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural.
- No curso 1889-1890 logrou outra medalla de prata por unha copia dun xeso.
- Obtivo un diploma de colaboración na Exposición Rexional de 1896, celebrada en Lugo.
- En 1906 logrou unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.
- Medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909, celebrada en Santiago de Compostela.
- Medalla de Afonso X o Sabio en recoñecemento ao seu labor docente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 10-10-1961, p. 2.
- ↑
- ↑ "Santiso García, Elvira". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "Exposición de Arte Gallego (anuncio)". El Compostelano (en castelán) (Santiago de Compostela). 29/7/1926. p. 3.
- ↑ Pablos, Francisco (1981). Plástica gallega (en castelán). CAV. pp. 194–195. ISBN 84-7231-603-3.Pablos&rft.btitle=Plástica gallega&rft.date=1981&rft.genre=book&rft.isbn=84-7231-603-3&rft.pages=194-195&rft.pub=CAV&rft_id=http://www.pintoresgallegos.com/bibliografia/imagenes/plasticagallega.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tomo XV: Arte Contemporánea. Proxecto Galicia. Hércules de Ediciones. 1993. ISBN 84-89468-11-7.
- "Santiso García, Elvira". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 194. ISBN 84-7680-288-9.
- "Santiso García, Elvira". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 127. ISBN 84-7680-429-6.
- "Santiso García, Elvira". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 232.
- López, J. M. (1990). "El Arte Contemporáneo". Enciclopedia temática de Galicia (en castelán) V. Nauta. pp. 193–194. ISBN 84-278-1210-8.López&rft.btitle=Enciclopedia temática de Galicia&rft.date=1990&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-278-1210-8&rft.pages=193-194&rft.pub=Nauta&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 408–409. ISBN 978-84-8341-146-9.Marco&rft.btitle=Dicionario de Mulleres Galegas&rft.date=2007&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8341-146-9&rft.pages=408-409&rft.pub=Edicións A Nosa Terra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 95. ISBN 84-95364-15-8.Pablos&rft.btitle=A pintura en Galicia - La pintura en Galicia&rft.date=2003&rft.genre=book&rft.isbn=84-95364-15-8&rft.pages=95&rft.pub=Nigra Trea&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
FRAGA PÉREZ, Sara (2022). "Elvira Santiso: unha pintora de Betanzos". Anuario Brigantino (45): 337–358. ISSN 1130-7625.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Compilación de bibliografía sobre a autora en pintoresgallegos.com