Baloncesto León
Baloncesto León | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 20 de maio de 1981 |
Desaparición | 5 de xullo de 2012 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Miguel Fernández (último) |
Adestrador | Javier de Grado (último) |
Localización | |
Cidade | León, España |
Pavillón | Palacio de los Deportes |
Capacidade | 5 188 |
Campionatos | |
Copa Príncipe | 1 (2007) |
O Club Baloncesto León foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de León, Castela e León. Fundado o 20 de maio de 1981, chegou a competir once temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Despois da temporada 2011–12, na que o equipo xogou na Liga LEB, o equipo anunciou a súa desaparición debido á débedas económicas.
Historia
[editar | editar a fonte]O Baloncesto León foi fundado por José Antonio Moirón García, Enrique Emperador Marcos, Juan Carlos Rodríguez Villanueva, Lisardo Mourelo González e Alberto Sobrín Martínez en León o 20 de maio de 1981. Comezou a xogar na Terceira División, cuarta categoría do baloncesto español, baixo a dirección de Pepe Estrada. En 1981, o equipo ascendeu á seguinte categoría, a Segunda División. En 1983 o equipo ficha a Antonio Garrido Martínez, que exercería tanto de xogador, o primeiro ano, como de adestrador, os tres seguintes, durante os cales conseguiu o ascenso á Primeira B. En 1987 chegaría ao banco José Clavijo e, ao ano seguinte, Mariano Parra. Este último foi cesado a metade da temporada 1988−1989, chegando ao club ao daquela adestrador do Cajapalencia Gustavo Aranzana.
Baixo o mando de Aranzana o equipo logrou a permanencia na temporada 1988−1989 e o ascenso á Liga ACB na seguinte da man de Xavi Fernández. Durante a era de Aranzana no banco, o club conseguiu os seus maiores éxitos, acadando o sexto posto na máxima categoría en 1991−1992 e 1992−1993. Tamén participou o club en 1993 e 1994 na Copa Korać, chegando na primeira das veces aos cuartos de final. En 1994 mudan varias cousas o club. Por un lado, as cores do uniforme pasan do amarelo e verde ao vermello. Por outro lado, Xavi Fernández é traspasado ao FC Barcelona. En 1997 o club volve a finalizar en sexto lugar. Porén, é o ano no que Aranzana deixa o equipo. Como substituto chegaría Eduard Torres. Despois de dous anos tomaría o relevo José Luis Oliete, adestrador co cal o club baixa á Liga LEB no ano 2000.
Entre 2000 e 2005 pasaron tres adestradores polo banco leonés, liderando sucesivos proxectos para acadar o ascenso. Con todo, o club está a piques de desaparecer en decembro de 2003 por problemas coa seguridade social. Porén, foi salvado pola compra da metade do seu accionariado por un grupo de construtores leoneses (AGELCO). En verano de 2005 a directiva decide traer de volta a Gustavo Aranzana. Debido á súa gran fama en León, conseguiu aumentar considerabelmente o número de seareiros que asistían aos xogos. Na súa segunda temporada o club consegue o obxectivo de regresar á ACB após vencer ao CAI Zaragoza por 3 a 2 nas semifinais da Liga LEB. A temporada 2007−2008 supoñía a volta á elite despois de sete anos. Con todo, ao final de temporada o León descende de novo á LEB.
Tras varios ano en LEB, durante a temporada 2011−2012 os resultados do equipo non foron os esperados. De feito, durante na metade da temporada o club rolda os postos de descenso. Porén, tras unha notábel mellora na parte final da campaña, o equipo consegue a salvación. Esta salvación que chegou no plano deportivo, con todo, complicouse no institucional. Cunha débeda arrastrada do último ascenso a ACB de 1 millón de euros máis outro millón dun crédito, o futuro do club era complicado. Así, a pesar de celebrarse unha numerosa manifestación convocada por dúas webs deportivas locais, o Concello de León decidiu renderse e o 5 de xullo de 2012 anunciouse en rolda de prensa que o club entraría en concurso de acredores dando así fin a máis de 30 anos de historia.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Elosúa León (1986−1993)
- Elmar León (1993−1994)
- Baloncesto León (1994−1996)
- León Caja España (1996−2006)
- Climalia León (2006−2007)
- Grupo Begar León (2007−2008)
- Baloncesto León (2008−2012)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Alberto Angulo
- Juanjo Bernabé
- Xavi Crespo
- Xavi Fernández
- José Luis Galilea
- Ferrán Heras
- José Lasa
- Carles Marco
- Jacobo Odriozola
- Nacho Ordín
- José Antonio Paraíso
- Joan Peñarroya
- Dani Pérez
- Óscar Yebra
- Javier Bulfoni
- Paolo Quinteros
- Gerald Kazanowski
- Michael Anderson
- Ben Coleman
- Mike Higgins
- Essie Hollis
- Byron Houston
- Reggie Johnson
- Rod Mason
- Amal McCaskill
- J.R. Reid
- Mike Schlegel
- Corny Thompson
- Kevin Thompson
- Harper Williams
- Stéphane Dumas
- Saša Radunović
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Baloncesto León ao longo da súa historia.
- José Estrada (1980–1984)
- Antonio Garrido (1984–1987)
- José Clavijo (1987–1988)
- Mariano Parra (1988–1989)
- Gustavo Aranzana (1989–1997)
- Eduard Torres (1997–1999)
- José Luis Oliete (1999–2000)
- Roberto Herreras (2002)
- Quino Salvo (2002–2003)
- Angel Jareño (2003–2005)
- Gustavo Aranzana (2005–2008)
- Javier de Grado (2008–2012)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2007
Copa Castela e León
- Campións (1): 2004
- Subcampións (4): 2006, 2007, 2008, 2009
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1980–81 | 4 | 3ª Div. | 2º | |||||||
1981–82 | 4 | 3ª Div. | 1º | |||||||
1982–83 | 3 | 2ª Div. | 15º | |||||||
1983–84 | 3 | 2ª Div. | 5º | |||||||
1984–85 | 3 | 2ª Div. | 3º | |||||||
1985–86 | 3 | 2ª Div. | 1º | |||||||
1986–87 | 2 | 1ª Div. B | 8º | 19–15 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª Div. B | 17º | 23–22 | ||||||
1988–89 | 2 | 1ª Div. B | 11º | 17–16 | ||||||
1989–90 | 2 | 1ª Div. B | 2º | 19–11 | ||||||
1990–91 | 1 | ACB | 20º | 16–22 | Cuartos de final | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 6º | 27–12 | Cuartos de final | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 6º | 19–16 | Terceira rolda | 3 Copa Korać | CF | 7–5 | ||
1993–94 | 1 | ACB | 13º | 14–18 | Terceira rolda | 3 Copa Korać | FG | 6–4 | ||
1994–95 | 1 | ACB | 9º | 19–19 | Cuartos de final | |||||
1995–96 | 1 | ACB | 12º | 18–20 | Cuartos de final | |||||
1996–97 | 1 | ACB | 6º | 21–17 | Semifinais | |||||
1997–98 | 1 | ACB | 11º | 14–20 | 3 Copa Korać | DF | 13–1 | |||
1998–99 | 1 | ACB | 16º | 13–21 | ||||||
1999–00 | 1 | ACB | 18º | 10–24 | ||||||
2000–01 | 2 | LEB | 5º | 24–10 | Copa Príncipe | SF | ||||
2001–02 | 2 | LEB | 5º | 20–15 | ||||||
2002–03 | 2 | LEB | 3º | 20–19 | ||||||
2003–04 | 2 | LEB | 4º | 23–19 | ||||||
2004–05 | 2 | LEB | 3º | 28–13 | ||||||
2005–06 | 2 | LEB | 3º | 29–11 | Copa Príncipe | SF | ||||
2006–07 | 2 | LEB | 2º | 28–16 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2007–08 | 1 | ACB | 18º | 8–26 | ||||||
2008–09 | 2 | LEB Ouro | 8º | 18–18 | ||||||
2009–10 | 2 | LEB Ouro | 7º | 19–18 | ||||||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 6º | 21–17 | ||||||
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 14º | 15–19 |