Saltar ao contido

Ellen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ellen

Ellen foi unha comedia televisiva protagonizada pola actriz norteamericana Ellen DeGeneres, coa que conseguiu captar a atención do público entre 1994 e 1998. Este programa, da cadea ABC, foi moi popular nas primeiras tempadas en parte grazas ao enxeño humorístico de DeGeneres, o que lle valería o cualificativo da Seinfeld feminina.

Características

[editar | editar a fonte]

Ellen acadaría o seu punto de máximo interese en abril de 1997, cando DeGeneres (e a súa personaxe da serie) saíu do armario: por unha parte na revista Time e por outra na televisión, onde declarou publicamente que era lesbiana a Oprah Winfrey, que interpretaba o papel de terapeuta naquel capítulo. A pesar da polémica, ou quizais debido a ela, o episodio no que isto sucedía, titulado "The Puppy Episode" ("Episodio do Cachorro"), foi un dos máis vistos da serie.

Pola contra, os episodios posteriores non conseguiron repetir tal éxito e, tras un descenso das audiencias, a serie foi retirada da programación. DeGeneres volveu realizar unha xira de monólogos, actividade que caracterizou os seus primeiros pasos no mundo artístico, e máis tarde restableceríase con éxito como presentadora.