Saltar ao contido

Elixio Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Elixio Rivas Quintas»)
Modelo:BiografíaElixio Rivas
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1925 Editar o valor en Wikidata
Fondo de Vila, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 2022 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónirmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo
Membro de
Orde relixiosaCongregación da Misión Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1022924 BUSC: rivas-quintas-eligio-1925 Dialnet: 218669

Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925 e finado en Salamanca o 24 de setembro de 2022, foi un frade paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. Foi tamén un recoñecido difusor do Camiño de Santiago.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con once anos marchou estudar para o colexio do santuario dos Milagres (Baños de Molgas), aos poucos días de comezar a Guerra Civil española. Formouse para frade na orde dos Paúis, primeiro en Limpias (Cantabria), e logo en Murgia (Áraba) e Madrid. Ordenouse como irmán da orde dos Padres Paúis, pero tivo que regresar á casa familiar pola morte do pai e pola propia enfermidade.[1]

Quixo ir en misións á India, pero pola súa debilidade de saúde enviárono a Inglaterra (Dunstable e Potters Bar, ao norte de Londres), onde permaneceu entre 1946 e 1955. De aí foi enviado á Igrexa da Mercede da Habana (Cuba), onde estivo entre 1955 e 1961, e de onde saíu ao ser expulsado do país logo dos cambios políticos e sociais que trouxo a Revolución Cubana (1959). Da Habana marchou primeiro a Miami, e logo a Porto Rico, e finalmente regresou a Galicia e exerceu como secretario no colexio San Narciso de Marín durante 21 anos. Despois marchou aos Milagres do Medo, en Vide (Baños de Molgas), e foi docente nos campus universitarios de Lugo e Ourense.

Nos últimos meses da súa vida retirouse a vivir en Salamanca, onde finou o 24 de setembro de 2022.

Como lingüista

[editar | editar a fonte]

Durante os anos de docencia en Marín realizou a licenciatura en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Para a súa tesiña de licenciatura fixo un traballo sobre toponimia de Marín, que ampliou posteriormente e presentou como tese de doutoramento na mesma universidade en 1978, e publicou no ano 1982. O seu labor como lingüista levouno sobre todo aos eidos da toponimia e da lexicografía. A súa obra, publicada por entregas e en edicións independentes, centrouse en apañar palabras do galego popular, centrado sobre todo nas culturas campesiñas das Rías Baixas e, máis notablemente, na Limia e nas comarcas do interior ourensán.

Foi membro da Comisión de Toponimia de Galicia do Consello da Cultura Galega desde 1978, e correspondente da Real Academia da Historia.

Boa parte dos materiais lingüísticos creados ou manexados por el doounos ó Centro Ramón Piñeiro (Santiago de Compostela) en 2017 [2].

Camiño de Santiago

[editar | editar a fonte]

Desde os anos da década de 1970, Rivas Quintas á par do seu traballo investigador no campo lingüístico do galego, realizou un infatigábel labor en pro da restauración da ruta sur do camiño de Santiago e difundiu o coñecemento da terra ourensá da Limia. Foi o primeiro presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Publicacións (selección)

[editar | editar a fonte]

Lexicografía

[editar | editar a fonte]
  • Frampas: contribución al diccionario gallego. Salamanca. CEME. Salamanca. 1978, 181 páxs 4 mapas ISBN 84-7349-019-3
  • Frampas II; contribución al diccionario gallego. Lugo. Alvarellos. 1988, 148 páxs.
  • Frampas III, en Dicionario de Dicionarios (2001) e Ed. do autor (2014)
  • Millo e hórreo. Legumia e cestos. Santiago. Laiovento. 1996. ISBN 84-87847-81-1

O primeiro Frampas contiña 4.584 lemas, o Frampas II 3.403 e o Frampas III alcanzou os 7.823 lemas, o que dá un total de 15.810 voces, en moitos casos exemplificadas no seu contexto [4]. Cómpre sinalar que só Aníbal Otero e Rivas Quintas recolleron vocabulario inédito, mentres que outros lexicógrafos (como Eladio Rodríguez, Carré ou Filgueira) traballaron sobre material xa publicado noutros dicionarios anteriores.

Colección "Léxico rural do noroeste hispano"

[editar | editar a fonte]
Algúns dos libros da colección.

Dos volumes desta selección, algúns números da colección foron editados por Grafo Dos (de 1997 a 2007), e outros polo propio autor (os posteriores) ou por Abeleda Edicións (2011), cun formato igual ou semellante. Unha referencia para sabelo é que o ISBN da editorial é (978-)84-923232-, aínda que os libros A auga na natureza, O castiñeiro e as castañas e Natureza, toponimia e fala non seguen esa regra. O número de cada volume na colección está marcado entre corchetes, pero nótese que non foron numerados por orde cronolóxica (o número 5 O carro e a carreira é de 2010).

Filoloxía

[editar | editar a fonte]
  • Lingua galega: historia e fenomenoloxía. Lugo. Alvarellos. 1989, 384 páxs ISBN 84-85311-79-5
  • Lingua galega: niveis primitivos. Santiago de Compostela. Laiovento. 1994, 241 páxs ISBN 84-87847-40-4

Onomástica

[editar | editar a fonte]

Toponimia

[editar | editar a fonte]
  • A isoglosa Pacio / Pazo en Galicia, in rev. Verba. Anuario Gallego de Filología, Santiago de Compostela, nº 3, 1976, páxs. 357-364.
  • O tema latino "casa" e a Rivoira Sacrata, in rev. Boletín Auriense, Ourense, t. 11, 1981, páxs. 227-274
  • Toponimia de Marín. Santiago de Compostela. Anexo 18 da revista Verba. 1982, 409 páxs ISBN 84-7191-279-1
  • Natureza, toponimia e fala. Ourense. Edición do autor. 2007, 443 páxs ISBN 84-611-6327-4

Etnografía e viaxes

[editar | editar a fonte]
  • A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985, 766 páxs ISBN 84-85858-16-6
  • Camiño Meridional de Santiago: continuación de la Vía de la plata (texto bilingüe). S.l. Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno. 1993, 176 páxs.
  • A Serra de San Mamede. Ourense. Asociación de Amigos dos Milagros e de San Mamede. 1993, 114 páxs ISBN 84-604-7317-1
  • El santuario de Nuestra Señora de los Milagros. León. Editorial Everest. 1991, 63 páxs, reeditado como Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, Baños de Molgas (Ourense). León. Edilesa. 2002, 64 páxs ISBN 84-8012-394-X
  • Terra das Frieiras. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 2002, 384 páxs. ISBN 84-96011-07-0

Historia e arte

[editar | editar a fonte]
  • Historia del Santuario de los Milagros (Ourense). Ourense, s.n., 1983, 193 páxs ISBN 84-300-9899-2
  • O escultor Nicanor Carballo, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 3, 1990, páxs. 235-248.
  • Influencias precristiáns na arte, in rev. Porta da Aira, Ourense, nº 6, 1994-1995, páxs. 207-237.
  • Marín, terra e mar: os mareantes e a Confraría de San Miguel. Pontevedra. Deputación Provincial de Pontevedra. 2005, 139 páxs ISBN 84-8457-239-0
  1. "Obituario: Elixio Rivas, un misioneiro apaixoado da etnografía e toponimia galegas". La Región (en castelán). 2022-09-25. Consultado o 2022-09-25. 
  2. "O investigador Elixio Rivas doa ao Ramón Piñeiro materiais do seu traballo", en La Voz de Galicia 12.12.2017.
  3. "Elixio Rivas recibe de Manuel Baltar a medalla de ouro da provincia de Ourense polo seu labor a prol da etnografía e da lingua galegas". Deputación de Ourense. 1 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  4. Prólogo ó Dicionario de Dicionarios.
  5. Mesmo en catalogacións oficiais, este libro menciónase ás veces como Ferramenta e labranza manual (Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia) ou como A ferramenta e labranza manual (Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia). Tamén cando a propia imaxe adxacente o contradí: Referencia en Proxecto Meiga; Referencia en Proxecto Meiga
  6. Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
  7. Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
  8. Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
  9. Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia; Referencia en Proxecto Meiga
  10. Referencia Arquivado 03 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. na Librería Bahía
  11. Tamén Arado, xugo e complementos: Referencia na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]