Elisa Herrero Uceda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1957 Ceclavín, España |
Morte | 21 de maio de 2020 (62 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Elisa Herrero Uceda, nada en Ceclavín (provincia de Cáceres) o 7 de novembro de 1957, é unha escritora, rapsodo, bióloga e enxeñeira estremeña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destaca principalmente como escritora e rapsodo de poesía nos encontros líricos que ofrece xunto co seu irmán, o tamén escritor e divulgador, Miguel Herrero Uceda. Comprometidos ámbolos dous coa defensa da natureza e a conservación dos saberes tradicionais da cultura estremeña[1]. Froito deste empeño escribiron artigos e libros sobre a cultura rural, ademais de relatos e narracións en lingua estremeña, Ceborrincho e Mamaeña.
Elisa é doutora en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. O seu posdoutorado fíxoo no Medical Research Council de Cambridge (Inglaterra). É tamén enxeñeira en informática pola Universidade Politécnica de Madrid, mais ao mesmo tempo non esqueceu os saberes tradicionais da súa terra, reflectíndoos nos seus escritos[2].
O 31 de maio de 2014 formou parte do encontro de escritores estremeños, Tarde de escritores, que tivo lugar na súa vila natal, Ceclavín[3][4][5][6]. Tamén participa e colabora nas actividades anuais da Semana Complutense de las Letras da Universidade Complutense de Madrid[7].
Elisa é irmá tamén do pintor Antonio José Herrero Uceda, con quen colabora nas súas exposicións[8].
Obras
[editar | editar a fonte]- Extremadura en el corazón (2011)
- Mi Extremadura. La Cultura Rural (2012)
- Ceborrincho, relatos extremeños (2013)
- Mamaeña, relatos extremeños (2015)
- Vive la Fiesta del árbol (2017)
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Segundo premio "Luis Chamizo de prosa en extremeño" (2012)
- Recoñecemento á creación. Ateneo de Arroyo de la Luz (Cáceres) (2013).
- Recoñecemento ao seu traballo por medio da divulgación e defensa da cultura estremeña. Asociación Cultural Pablo Gonzálvez. Miajadas (Cáceres) (2014)[9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Elisa Herrero Uceda" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Elam Editores. 2015
- ↑ Paniagua Simón, Eladio. "Extremadura en el corazón", nuevo libro de los hermanos Herrero Uceda. Periódico Hoy. 23.08.11
- ↑ Entrevista Tarde de escritores en Ceclavín Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Canal Extremadura Radio. 30 de maio de 2014
- ↑ .Ceclavín: Encuentro de escritores esta tarde. El Periódico de Extremadura. 31 de maio de 2014.
- ↑ Agut, Nieves. Periódico Crónica de Coria. Agosto de 2014
- ↑ Herrero Uceda, Miguel. El retorno de los escritores. Revista Aceña. Agosto de 2014
- ↑ https://www.ucm.es/semanaletras4/paseoporlosarboles
- ↑ Exponen "Semblanzas de Mi Extremadura. Periódico de Extremadura. 23 novembro de 2015
- ↑ elperiodicoextremadura.com (ed.). "Reconocen la labor de dos vecinos de Ceclavín". Consultado o 21 de febreiro de 2016.