Elias Portolu
Elias Portolu | |
---|---|
Título orixinal | Elias Portolu |
Autor/a | Grazia Deledda |
Orixe | Italia |
Lingua | Italiano |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Nuova Antologia Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1900 2012 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 176 |
ISBN | ISBN 978-84-939647-9-5 |
Tradución | Isabel Soto |
[ editar datos en Wikidata ] |
Elias Portolu[1] é unha novela de Grazia Deledda, escritora sarda e Premio Nobel de Literatura. Foi publicada en 1900 na "Nuova Antologia". No ano 1903, veu a luz a versión en volume, logo dunha primeira revisión, coa compañía de Turín Roux e Viarengo. No ano 1917, fíxose unha segunda revisión de corrección e foi publicado de novo por Fratelli Treves primeiro en 1920 e despois en 1928. Deledda, daquela de catorce anos, non se limitou á modificación de erros tipográficos, senón que, atrapada por numerosos pensamentos, innovou en centos de lugares do texto. A importancia filolóxica, lingüística e crítica da edición de Treves, polo tanto, reside nesta falta xeneralizada de leccións respecto das edicións primitivas.[2] Segundo a crítica, na novela son evidentes a afinidade e a consonancia coa sensibilidade, o gusto e a temática dos grandes mestres rusos do 1800, en particular de Crime e castigo de Fiódor Dostoievski.[3]
Foi traducido ó galego por Isabel Soto[4] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Elias Portolu. Traducido por Isabel Soto (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-9-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Dino Manca, Introduzione a Elias Portolu, ed. critica a c. di D. Manca, Filologia della letteratura degli italiani/Edes, Sassari, pp. IX-XCI, 2017.
- ↑ Leandro Muoni,in Prefazione, Elias Portolu, Nuoro, 2005, p.8
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.