Elexía
Aparencia
A elexía[1] é un subxénero da lírica consistente nunha composición breve sen fixación temática, que pretende conmover o público, invitar a unha reflexión sosegada ou consolar persoas.
Rodríguez Adrados considera que a elexía é por antonomasia a poesía da exhortación e da reflexión sobre temas como a fugacidade da vida, a xuventude ida, a saudade, a gabanza do campo, a morte.
Como texto elexíaco podemos sinalar "Na morte de Castelao", de Ramón Cabanillas.
Na literatura clásica destacan como elexías algunhas obras de Tibulo, Ovidio ou Propercio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para elexía.