Elena Sanz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elena Sanz Martínez de Arizala 6 de decembro de 1844 Castelló de la Plana, España |
Morte | 23 de decembro de 1898 (54 anos) Niza, Francia |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Parella | Afonso XII de España |
Fillos | Alfonso Sanz y Martínez de Arrizala, Fernand Sanz |
Nai | Josefa Martínez de Arizala y Luna |
Elena Armanda Nicolasa Sanz y Martínez de Arizala ou Elena Sanz Martínez d'Arrizala[1], nada en Castelló de la Plana o 6 de decembro de 1844[2] e finada en París o 24 de decembro de 1898[3], foi unha cantante lírica do século XIX con tesitura de contralto.[4]
Foi unha das máis grandes voces da ópera de todos os tempos.[5] Foi especialmente valorarada a súa arte foi nos teatros de París. A súa gran valía artística ficou eclipsada pola súa biografía.
Castelar describiuna como "de labios vermellos, de pel cor morena, a dentadura branca, a cabeleira negra e relucente como de acibeche, o nariz remangado e aberto, o pescozo carnoso e torneado, unha marabilla, a fronte ampla como a dunha divindade exipcia, os ollos negros e insondables cal dous abismos que chaman á morte e ao amor".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi educada coa súa irmá Dolores no Colegio de las Niñas de Leganés. Na dita institución entrou á idade de dez anos co obxecto de aprender canto, formando parte do coro.
Tivo un primeiro fillo, Jorge, de pai descoñecido no ano 1875.[6] Posteriormente, tivo dous fillos varóns máis, co rei Afonso XII de España, Alfonso (1880) e Fernando (1881).[7][8] Os tres fillos levaron os seus apelidos de solteira, xa que o rei Afonso XII morreu aos 28 anos sen recoñecelos.
Novela
[editar | editar a fonte]En 2013 o escritor Tomás Gismera Velasco (Atienza, 1958) quedou finalista do premio "Hispania" de novela histórica, coa obra "Elena Sanz: Tu serás mi reina".
Elena Sanza na literatura
[editar | editar a fonte]No episodio nacional Cánovas de Benito Pérez Galdós nárrase a súa relación co monarca Afonso XII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada Arquivado 26 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine. no Diccionari biogràfic de dones (en catalán).
- ↑ Miren Urgoiti (28 de febreiro de 2016). «LA FAVORITA. La verdadera historia de Elena Sanz.». Elena Sanz Martinez de Arizala. Consultado el 28 de febrero de 2016.
- ↑ Campo, Carlos Robles do (2009). «Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)». Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía (12): 329-384. ISSN 1133-1240. Consultado el 19 de agosto de 2019
- ↑ Peláez Malagón, José Enrique. «Elena Sanz: Contralto española del siglo XIX» Filomusica.com Archivado el 3 de noviembre de 2011 en la Wayback Machine. Consultado el 27 de septiembre de 2011.
- ↑ Urgoiti, Miren (2017). La favorita : la verdadera historia de Elena Sanz. [Bilbao]: M. Urgoiti. ISBN 978-84-697-6691-0.
- ↑ Zavala, José María (2011). Bastardos y Borbones : los hijos desconocidos de la dinastía. Plaza & Janés. ISBN 978-84-01-34767-2. Consultado el 17 de mayo de 2020.
- ↑ Campo, Carlos Robles do (2009). «Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)». Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía (12): 329-384. ISSN 1133-1240. Consultado el 19 de agosto de 2019.
- ↑ "«A LOS NENES, UN BESO DE TU ALFONSO»". Consultado o 27/11/2020.