Saltar ao contido

Elektro-L

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo un satélite Elektro-L.

Elektro-L (en ruso, Электро-Л) é o nome dunha familia de satélites meteorolóxicos rusos. Foi precedido pola familia de satélites Elektro, do que so foi lanzado un elemento debido a problemas de xestión e desenvolvemento. Os satélites Elektro-L, tamén denominados GOMS (Geostationary Operational Meteorological Satellite) están situados na órbita xeoestacionaria e baséanse no bus Navigator, de Lavochkin. Á parte dos sensores meteorolóxicos tamén levan a bordo receptores para o sistema de chamadas de emerxencia SARSAT-COSPAS. Os tres primeiros satélites da familia (Elektro-L 1, 2 e 3) foron lanzados respectivamente o 20 de xaneiro de 2011, o 11 de decembro de 2015 e o 24 de decembro de 2019, os dous primeiros mediante foguetes Zenit-3F e o terceiro cun Proton M.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Elektro-L 1 20 de xaneiro de 2011 Zenit-3F Éxito
Elektro-L 2 11 de decembro de 2015 Zenit-3F Éxito
Elektro-L 3 24 de decembro de 2019 Proton-M DM-3 Éxito
Elektro-L 4 5 de febreiro de 2023 Proton-M DM-3 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Elektro" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Elektro-L 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]