Elafónisos
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | ||||
Periferias | Periferia do Peloponeso | ||||
Unidades periféricas | Laconia Regional Unit (en) | ||||
Concello | Elafonisos Municipality (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 19,992 km² | ||||
Bañado por | Laconian Gulf (en) | ||||
Altitude | 169 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 230 53 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | elafonisos.gr |
Elafónisos (grego Ελαφόνησος) é unha pequena illa grega entre o Peloponeso e Citera. Atópase na costa de Cabo Malea e Vatika. A superficie da illa é de 19 km².
A poboación é de entre 300 e 350 persoas durante o inverno, pero se incrementa dramaticamente nos meses de verán. Durante xullo e agosto o número de turistas chega a máis de 3.000 por día (traendo con eles uns 1.600 coches). Moitas persoas visitan a illa polas súas praias de area branca. Entre as máis coñecidas das súas praias están Sarakiniko, Fragos (Simos) e Panagias Nissia, todas cheas de augas azulverdosas.
Elafónisos é de lonxe a illa habitada máis grande do arquipélago do Peloponeso, e a única que é un concello independente. Tamén hai algúns descubrimentos arqueolóxicos para explorar na illa e nas augas circundantes. A igrexa principal da comunidade é Agios Spyridon (en grego: Άγιος Σπυρίδων), que está construída sobre un pequeno illote separado da terra, que está conectado por unha ponte sobre augas pouco profundas co resto da illa. A superficie do concello tamén inclúe 3 km² na parte continental que consiste principalmente na famosa praia de Punta.
No continente, aproximadamente, a uns 6´5 km. ao leste está Neapoli (en grego: Νεάπολη) do municipio de Vatika. Preto de 8´5 km ao sur do está Cabo Frangos (en grego: Φράγκο) na illa de Citera.
Poboación histórica
[editar | editar a fonte]Ano | Poboación da illa | Poboación do concello |
---|---|---|
1981 | 611 | — |
1991 | 653 | 725 |
2001 | 625 | 745 |
2011 | 816 | 1.041 |
Historia
[editar | editar a fonte]Na antigüidade, Elafónisos non constituía unha illa senón unha península co nome "Onou Gnathos" (grego: Όνου Γνάθος) (Queixada de Burro), de acordo a Pausanias.[1] Xusto á beira da costa de Elafonisos atópase o lugar arqueolóxico de Pavlopetri, unha cidade afundida que se remonta a principios dos anos do terceiro milenio AEC e crese que foron reclamados polo mar ao redor do 1000 AEC.[2]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Description of Greece book 3, chapter 22, section 10 "kalousi de Onou gnathon tên akran". (2.94), (1.97) and Strabo Geography (2.22), (2.71), (4.22), (4.28)[1][Ligazón morta]
- ↑ "Lost Greek city that may have inspired Atlantis myth gives up secrets". the Guardian (en inglés). 2009-10-16. Consultado o 2022-04-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elafonisos Municipality(Grego)
- Elafonisos (Inglés)
- Elafonissos(Inglés) Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.