Eiao
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | illa Illa deserta Reserva natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Descubridor ou inventor | Joseph Ingraham (pt) | ||||
Parte de | Illas Marquesas | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 0 m 578 m | ||||
Dimensións | 3,5 () × 13 () km | ||||
Superficie | 43,8 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1791 | ||||
Eiao é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa é unha plataforma elevada, con cantís de 500 m. no suroeste e unha gran roca en forma de obelisco na punta sueste. Na costa noroeste hai algunhas baías cunha zona de ancoraxe e desembarco en Vaituha onde, ademais, hai un río de auga fresca.
Historia
[editar | editar a fonte]Hoxe en día a illa está deshabitada, pero antigamente estaba habitada pola tribo chamada Tuametaki, e era un lugar sacro para os habitantes de Te I´i, ao norte de Nuku Hiva. Noutras illas das Marquesas atopáronse restos arqueolóxicos de ferramentas feitas con rocas basálticas de Eiao. A illa foi descuberta en 1791, polo norteamericano Joseph Ingraham que a chamou Knox en honra ao entón secretario de guerra dos Estados Unidos Henry Knox. Outros nomes utilizados foron: Masse, Fremantle e Robert. En marquesano escríbese ´eiao e en ocasións se transcribió Eiau ou Hiaou.
A finais do século XIX utilizouse como illa penal. Na década dos 1970 foi ocupada militarmente polos franceses como un posible lugar para facer probas nucleares. En 1992 declarouse como reserva natural para protexer as especies en perigo, algunhas delas endémicas.