Saltar ao contido

Edward T. Newell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdward Theodore Newell
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1886
Kenosha, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1941 (55 anos)
Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense.
Educación Universidade Yale.
Q89547790Estudos da moeda de Constantino o Grande.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- (1918): Medalla Huntington (ANS).
- (1925): Medalla da (RNS).
- (1936): Jeton de Vermeil (SNF).

Edward Theodore Newell, nado o 15 de xaneiro de 1886 en Kenosha, Wisconsin, e finado o 18 de febreiro de 1941 en Nova York, foi un numismático estadounidense, presidente da American Numismatic Society entre 1916 e 1941.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Newell cursou os seus estudos superiores na Universidade Yale, onde se graduou en 1907 e obtivo o seu mestrado dous anos despois. Durante a súa etapa universitaria ingresou como membro da American Numismatic Society (ANS) e, en 1910, con 24 anos ingresou no consello directivo da entidade, que pasou a presidir seis anos despois, cargo que ocupou ata a súa morte en 1941.[1][2][4]

Newell está considerado como un dos maiores expertos mundiais na moeda de Alexandre o Grande e dos seus sucesores.[1][2]

A súa colección particular, con 87.000 pezas, chegou a ser unha das maiores de moeda grega, e á súa morte deixoulla en herdanza á American Numismatic Society.[1]

Ademais da ANS, Newell foi membro da Royal Numismatic Society de Londres, da British Numismatic Society e da American Numismatic Association. Na década de 1930 presidiu, así mesmo, o Club Numismático de Nova York.[1] Foi ademais membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Newell foi autor prolífico, con 30 monografías, á parte dunha boa cantidade de artigos en revistas numismáticas da súa época.[8][9]

Monografías

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]