Edward Lear
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1812 Highgate, Reino Unido (pt) |
Morte | 29 de xaneiro de 1888 (75 anos) Sanremo, Italia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura xuvenil |
Ocupación | escritor, novelista, ornitólogo, humorista, pintor, poeta, ilustrador, humorista |
Xénero artístico | Arte de paisaxes e Ornitoloxía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Dictionary of National Biography Billy Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) |
Edward Lear, nado en Highgate (Londres) o 12 de maio de 1812 e finado o 29 de xaneiro de 1888, foi un escritor, ilustrador e artista inglés coñecido pola súa poesía sen sentido (non sense) e os seus limericks (poesías humorísticas breves, de cinco liñas, nas que as dúas primeiras e a última riman).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o vixésimo fillo da familia, e foi criado por unha irmá vinte e dous anos maior ca el. Á idade de 15 anos, el e a súa irmá deixaron a casa familiar para independizarse. Lear empezou a traballar como ilustrador e a súa primeira publicación, á idade de 19 anos, foron as ilustracións de Family of Psittacidae, or Parrots en 1830. Os seus debuxos tiveron boa acollida, sendo comparados cos de Audubon.
Durante o resto da súa vida realizou debuxos serios, aínda que se fíxo famoso polas súas obras humorísticas. En 1846 publicou A Book of Nonsense, un volume de limericks que se reeditou tres veces e que axudou á popularización deste tipo de poesías. En 1865 publicou The History of the Seven Families of the Lake Pipple-Popple, e en 1867 a súa máis famosa obra absurda, The Owl And The Pussycat, que escribiu para os fillos do seu xefe, Edward Stanley, conde de Derby. Despois viñeron outras moitas obras.
Lear nunca tivo boa saúde. Desde os 17 anos ata a súa morte sufriu epilepsia así como bronquite, asma e, na vellez, cegueira parcial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edward Lear |