Eduard Kann
Eduard Kann recibindo un grao honorífico na Universidade Loyola. 17 de xuño de 1951 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1880 Miroslav, Cisleitania. Imperio Austrohúngaro |
Morte | 30 de xullo de 1962 (82 anos) Os Ánxeles, California. Estados Unidos |
País de nacionalidade | Austria-Hungría (1880-1918) Austria Alemá (1918) Checoslovaquia (1918-1956) Estados Unidos (1956-1962) |
Grupo étnico | Pobo xudeu. |
Q89547790 | Estudos de moeda chinesa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Banca e numismática. |
Ocupación | banqueiro, numismático |
Lingua | Alemán e inglés. |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Robitschek (1913). |
Eduard Kann, nado en Miroslav, República Checa, o 21 de xuño de 1880 e finado en Hollywood, Os Ánxeles o 30 de xullo de 1962, foi un banqueiro e numismático, a máxima autoridade mundial en moedas e sistemas monetarios chineses.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Eduard Kann naceu en 1880 na vila de Miroslav, actualmente na República Checa e que daquela formaba parte da Cislaitania, a parte austríaca do Imperio Austrohúngaro.[1][2] Era fillo de Johanna Kramer (1844-1896) e de Ignatz Kann (1853-1924).[3]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Vinculado profesionalmente ao sector bancario, en 1902 Kann abandonou Viena e foi á China para traballar inicialmente nun banco británico e logo, sucesivamente, no Russo-Asiatic Bank, no Banque Industrielle de Chine e no Chinese-American Bank of Commerce.[4][5]
Foi destinado a Manchuria, e en Tianjin foi nomeado director do Banco de Garantía Comercial de Chihli. Desde 1921 foi director xeral do Chinese-American Bank of Commerce. Igualmente, dirixiu unha empresa independente de compravenda de lingotes e divisas en Shanghai entre 1925 e 1949.[4][5]
Kann foi un estreito colaborador co Goberno nacionalista chinés e formou parte do comité asesor para a creación da Casa da Moeda de Shanghai en 1933.[5]
Durante a segunda guerra mundial foi feito prisioneiro polos xaponeses entre 1941 e 1942.[4][5]
Experto en numismática chinesa
[editar | editar a fonte]Gran afeccionado á numismática, ao longo da súa traxectoria profesional Kann converteuse nun experto na moeda chinesa, e é o autor de dúas obras de referencia mundial nesta área: The Currencies of China (1926)[6] e Illustrated Catalog of Chinese Coins (1953).[5]
Kann continuou vivindo e traballando en Shanghai ata a caída desta cidade en mans dos comunistas de Mao Tse Tung en 1949,[7] cando abandonou a China logo de 47 anos vivindo nela. Daquela fuxiu do país levando consigo a súa colección de moedas chinesas e instalouse nos Ánxeles, nos Estados Unidos, onde exerceu a docencia durante tres semestres na Universidade de Loyola.[5]
As coleccións de Kann
[editar | editar a fonte]As coleccións que Kann foi conformando durante a súa estadía na China foron vendidas nos Estados Unidos logo do seu falecemento. Kann conformou unha importante colección de selos chineses, que foi vendida en poxa pública polo comerciante filatélico J. R. Hughes en febreiro de 1963. Pola súa banda, a súa colección de moedas chinesas saíu a poxa pública en tres sesións entre 1971 e 1972, entre Beberly Hills e Nova York,[5][8] e a súa colección de billetes da China foi posta en venda en Nova York os días 27 e 28 de outubro de 2008, pola compañía Bowers and Merena.[4][9]
O Museo Británico acolle a colección de lingotes de Eduard Kann.[10][11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Eduard Kann casou con Margaret Robitschek (1889-1979) o 25 de maio de 1913.[1][5] Con ela viviu durante a súa etapa na China e posteriormente, entre 1949 e 1962, en Hollywood, Os Ánxeles, California,[4] ata o seu falecemento o 30 de xullo de 1962 aos 82 anos.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Eduard Kann ao longo da súa traxectoria:[12]
- (1926). The Currencies of China: An Investigation of Gold and Silver Transactions Affecting China; With a Section on Copper. Kelly & Walsh,Shanghai. [2ª ed., 1927]
- (1929). Copper Banknotes in China. Shanghai.
- (1929). Paper Money in China and Elsewhere. Shanghai.
- (1929?). The Central Bank of Canton. Shanghai.
- (1933). Redemption Tables of China's Internal Loan Issues. Shanghai.
- (1934). The History of China's Internal Loan Issues.
- (1954). Illustrated Catalog of Chinese Coins, Gold, Silver, Nickel and Aluminum. Os Ánxeles.
- (1962?). The History of Chinese Paper Money From the Middle Ages Until 1961. Walton-on-Naze.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Petition for naturalization". Geni.com
- ↑ "Estate of Kann". Law.justitia.com
- ↑ "Eduard Kann". Geni.com
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Eduard Kann". Britishmuseum.org
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 "Eduard Kann papers, 1949 - 1963". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ Ashley, C. A. (1926). "Review of The Currencies of China". En The Economic Journal. 36 (143). Páxinas 476-478.
- ↑ "Kann". Forumancientforum.com
- ↑ The Eduard Kann collection of Chinese coins and old & curious monies. Schulman Coin & Mint, Inc., Nova York. / Quality Sales Corp. Beverly Hills, California. [1971]
- ↑ "Bowers and Merena's Auction of International Banknotes Realizes More than $1.1M". En Coin News. 4 de novembro de 2008.
- ↑ Cribb, J. (1992). A Catalogue of Sycee in the British Museum: Chinese Silver Currency Ingots c.1750-1933. British Museum Press, Londres.
- ↑ "Eduard Kann: objects related". Britishmuseum.org
- ↑ "Eduard Kann". Google Books.